Información do Programa "Collendo impulso cara a inclusión social"
Datos Xerais:
Categoría: Exclusión
Publicado: Marzo 2024
Autoría: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Publicación para: persoas con discapacidade
Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Descrición:
A través do programa "Collendo impulso" prestamos apoios ás persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento en situación ou risco de exclusión social.
Trátase dunha iniciativa de carácter autonómico que nos permite:
- Ofrecer asesoramento e apoio para o desenvolvemento persoal.
- Promover o proxecto de vida das persoas favorecendo a súa independencia e autonomía mediante o ensino de recursos que lles posibiliten mellorar a súa xestión económica, doméstica ou de saúde.
- Orientar no acceso á cobertura de necesidades básicas de alimentación, de vivenda ou de hixiene.
- Acompañar na xestión de trámites administrativos.
- Traballar en rede con outras entidades e servizos do eido social.
- Difundir e sensibilizar sobre as necesidades e dereitos do colectivo.