Documentos xudiciais en lectura fácil

Datos Xerais:

Categoría: Xustiza

Publicado: Outubro 2025

Autoría: FADEMGA Plena inclusión Galicia

Publicación para: administracións públicas , empresas , familias , persoas con discapacidade , profesionais

Organización: FADEMGA Plena inclusión Galicia

Tema: Accesibilidade cognitiva , Calidade de vida , Decidir con apoios , Linguaxe

Descrición:

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia poñemos a disposición dos profesionais da Xustiza un servizo de adaptación de documentos xudiciais a lectura fácil, co obxectivo de garantir que as persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento ou ben con dificultades de comprensión lectora, poidan entender a información relacionada cos procesos xudiciais nos que participan.

Este servizo desenvólvese en colaboración coa Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia, no marco do noso compromiso por unha Xustiza máis accesible, comprensible e inclusiva.