Xornada-presentación do "Instrumento de medición de impacto ambiental adaptado a entidades do terceiro sector".
A xornada terá lugar o martes 21 de xullo, de 12:00 a 14:00 horas, na sede de FADEMGA Plena inclusión Galicia, e permitirá coñecer o funcionamento práctico deste novo instrumento adaptado á realidade das entidades sociais.
FADEMGA Plena inclusión Galicia
09-07-2026A sede de FADEMGA Plena inclusión Galicia acollerá o vindeiro martes 21 de xullo de 2026, de 12:00 a 14:00 horas, unha xornada-presentación do Instrumento de medición de impacto ambiental adaptado a entidades do terceiro sector.
Esta sesión ten como obxectivo achegar ás organizacións unha ferramenta práctica para avaliar, de maneira sinxela e rigorosa, o impacto ambiental derivado da súa actividade diaria. A través deste instrumento, as entidades poderán identificar os ámbitos nos que existen maiores oportunidades de mellora e avanzar cara a unha xestión máis sostible, eficiente e responsable.
Durante a xornada explicarase o proceso de traballo seguido para o deseño e configuración da ferramenta, así como o catálogo de accións e boas prácticas asociado. Tamén se abordará o seu funcionamento práctico, o valor engadido que pode achegar ás organizacións e as posibilidades que ofrece para definir medidas concretas en función dos resultados obtidos. Entre estas medidas poden incluírse accións relacionadas co aforro enerxético, a redución de residuos, a mobilidade sostible ou o consumo responsable de recursos, entre outros aspectos clave para reducir o impacto ambiental das entidades.
A formación está dirixida a persoal de entidades do terceiro sector con competencias ou interese en sostibilidade ambiental, eficiencia no uso dos recursos e mellora do desempeño ambiental da organización
A xornada contará coa participación de Alejandro Fernández, Sara García e Sara González, persoas expertas en Sostibilidade e Innovación Social, título promovido pola Cátedra Inditex-UDC de Sostibilidade e o Consello Social da Universidade da Coruña.
A inscrición deberá realizarse antes do 16 de xullo de 2026, cubrindo este formulario.

