Xa temos relatos gañadores do 4º Certame de relato curto

O Certame recoñece o talento literario e pon en valor a lectura e a creatividade como ferramentas de inclusión

Xa temos relatos gañadores do 4º Certame de relato curto

FADEMGA Plena inclusión Galicia xa ten relatos gañadores do seu 4º Certame de relato curto, unha iniciativa coa que a Federación quere seguir dando visibilidade ao talento, á imaxinación e á capacidade creativa das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

Nesta cuarta edición, os relatos xiraban arredor da lectura ou do Día das Letras Galegas, dúas portas abertas á participación, á cultura e á expresión persoal.

O certame contou con dúas categorías: unha individual e outra grupal, dirixida a relatos elaborados por un máximo de catro persoas.

Na CATEGORÍA INDIVIDUAL, o primeiro premio foi para o relato “O pequeno navegante”, de Rita Ribeiro Durán, da entidade Aspavi.

O segundo premio recaeu en “Casa dos soños”, de David Blanco Pumar, tamén de Aspavi.

Pola súa banda, o accésit foi para “Descubrindo a lectura fácil”, de Manuel Carballo Benito, de FADEMGA Plena inclusión Galicia.

Na CATEGORÍA GRUPAL, o primeiro e único premio foi para “Onde viven os soños”, presentado polo Clube de Lectura Sanxe.

Dende FADEMGA queremos trasladar os nosos parabéns a todas as persoas gañadoras e agradecer a participación de todas as autoras e autores que se animaron a formar parte desta nova edición.

Cada relato presentado é unha mostra de que a literatura tamén é un espazo de inclusión, de liberdade e de recoñecemento.

Este certame consolídase así como unha pequena gran cita coa creatividade, na que as voces das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento contan, emocionan e fan medrar a cultura compartida.

Parabéns ás persoas gañadoras e grazas por encher este certame de historias, soños e palabras con luz propia!

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALEGA DE ASOCIACIÓNS EN FAVOR DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL OU DO DESENVOLVEMENTO), como responsable do tratamento, tratará os seus datos para promocionar a súa actividade e avaliar a calidade dos seus servizos. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na información adicional que está á súa disposición no apartado de Política de Privacidade.