Voltan os Encontros de Mulleres! Aberto o prazo de inscrición
Contribuíndo ao desenvolvemento persoal de cada muller!
FADEMGA Plena inclusión Galicia
16-02-2026O programa de Apoio a mulleres con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento abre o prazo para participar nunha nova edición dos Encontros de Mulleres, un espazo pensado para compartir, aprender e medrar xuntas.
Se estás buscando un lugar seguro no que intercambiar experiencias, coñecer a outras mulleres e fortalecer a túa autonomía persoal, este é o teu sitio!
Un espazo para o empoderamento
Ao longo dos encontros abordaranse contidos relacionados co desenvolvemento persoal, os dereitos, a autoestima, a participación social e outros temas que contribúen ao empoderamento das participantes.
Porque cando as mulleres se atopan, pasan cousas importantes.
Onde e cando?
Comezo: mes de marzo
Horario: de 11:00 a 13:00 horas
Periodicidade: encontros mensuais
Lugares:
Santiago de Compostela (primeiro martes de cada mes)
Lugo (segundo martes de cada mes)
Pontevedra (terceiro martes de cada mes)
Ourense (cuarto martes de cada mes)
Cada grupo contará con 30 prazas (incluíndo profesionais de apoio, de ser preciso).
Como inscribirse?
Se non participaches o ano pasado, debes cubrir esta ficha de inscrición e enviala a: areasocial@fademga.org
Se participaches en 2025, só tes que enviar un correo á mesma dirección confirmando que queres continuar.
Último día para inscribirte: 25 de febreiro
O 27 de febreiro confirmarémosche a adxudicación das prazas, que se asignarán por orde de chegada ata completar aforo.
Para máis información, podes escribirnos aquí ou chamar ao 981 51 96 50.

