Viaxamos ao futuro dos apoios no Congreso organizado por Plena inclusión en Barcelona
Debatimos sobre a personalización e autodeterminación nos apoios neste encontro sobre innovación social
FADEMGA Plena inclusión Galicia
29-11-2024FADEMGA Plena inclusión Galicia estivo presente esta semana no Congreso de Innovación Social "Viaxe ao futuro dos apoios", un espazo organizado por Plena inclusión España os días 27, 28 e 29 de novembro de 2024 que reuniu a organizacións, profesionais e administracións públicas para explorar modelos innovadores que promovan unha vida plena e autónoma para as persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento.
A nosa participación centrouse na mesa titulada “Resultados e experiencias en primeira persoa do prototipo de apoios autodirixidos”, onde Pilar Villaverde, xestora de apoios da federación e Eva Riguera, participante, compartiron as experiencias e aprendizaxes obtidos na implementación deste modelo en Galicia.
Este enfoque, inspirado na lei escocesa de Apoios Autodirigidos, busca personalizar os apoios a través de orzamentos axustados aos plans de vida individuais, promovendo a autodeterminación e o control das persoas sobre as súas propias vidas.
O Congreso serviu como plataforma para reflexionar sobre como adaptar estes modelos ao contexto español e reforzar o compromiso cunha cidadanía plena e participativa, destacando a importancia de enfoques éticos e personalizados para cada persoa e comunidade. Con iniciativas como esta, FADEMGA Plena inclusión Galicia reafirma a súa aposta pola innovación e o traballo conxunto con outras entidades e administracións para seguir avanzando cara a un futuro inclusivo onde os dereitos e as oportunidades sexan unha realidade para todas as persoas con discapacidade.
Máis información sobre o Congreso no sitio web de Plena inclusión: Viaxe ao futuro dos apoios

