Seminario sobre a sexualidade das persoas con discapacidade intelectual

Seminario sobre a sexualidade das persoas con discapacidade intelectual

Contribuír a que as persoas con discapacidade intelectual poidan decidir e vivir a súa propia sexualidade, a coordinación necesaria entre familiares e profesionais no tratamento da sexualidade e mesmo as peculiaridades nas persoas do colectivo LGTBI serán algúns dos temas que abordaremos neste novo seminario, dirixido especialmente a familias e impartido polo sexólogo e asesor de Plena inclusión Carlos de la Cruz.

O seminario será en liña, e estará dividido en 3 sesións:

Na primeira delas abordaremos a sexualidade das persoas con grandes necesidades de apoio; a segunda sesión estará dedicada a abordaxe da sexualidade na adolescencia e a terceira centrarase na sexualidade referida ao colectivo LGTBI.

NESTA LIGAZÓN podedes descargar toda a información sobre o seminario.

INSCRÍBETE CUBRINDO ESTE FORMULARIO!

Fai un comentario