Poñemos en marcha charlas sobre sexualidade dirixidas a familias e profesionais
Un espazo para resolver dúbidas, compartir inquedanzas e promover o bo trato dende unha mirada profesional e inclusiva
FADEMGA Plena inclusión Galicia
02-05-2025Dende o noso Servizo de Asesoría Sexolóxica ACENDE, poñemos en marcha unha nova convocatoria destinada ás entidades federadas interesadas en acoller charlas informativas e de sensibilización sobre sexualidade.
Estas charlas están dirixidas específicamente a familias e profesionais que acompañan a persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.
Estas sesións teñen como obxectivo resolver dúbidas e proporcionar información rigorosa e respectuosa en temas tan importantes como a saúde sexual, o dereito á intimidade, a prevención do abuso ou a promoción do bo trato.
Como se desenvolverán as sesións?
As charlas serán presenciais e terán lugar nas sedes das entidades interesadas, en horario laboral, cunha duración aproximada de 1 hora e media.
As datas e horarios dependerán da dispoñibilidade da profesional encargada, Débora Baz, sexóloga con ampla experiencia no ámbito da discapacidade intelectual.
Cada grupo deberá contar cun mínimo de 12 participantes.
Como mostrar o teu interese?
As entidades interesadas deben cubrir o seguinte formulario en liña
A participación está aberta a todas as entidades, pero daráselle prioridade a aquelas que aínda non teñan participado previamente, co fin de favorecer a maior diversidade posible.
Tes dúbidas?
Podes poñerte en contacto con nós: 981 51 96 50 (pregunta por Antía)
ou escríbenos a sexualidade@fademga.org
* Descarga aquí a información das charlas

