Plena inclusión lanza a campaña "Sen recursos non hai coidados"
Por un Pacto de Estado que dignifique o sector dos apoios e coidados
FADEMGA Plena inclusión Galicia
27-11-2024Plena inclusión lanzou unha campaña para esixir máis apoio aos gobernos central, autonómicos e concellos así como para que a opinión pública entenda a urxencia de lograr un financiamento xusto que asegure que as asociacións poidan seguir dando apoio a miles de persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias, pois en España hai asociacións en perigo de peche por non ter suficientes recursos económicos.
A campaña, que comeza agora, prevese extender ata o verán co fin de reclamar un financiamento xusto que permita manter os coidados. Un apoio económico que debe asegurar condicións dignas para as e os profesionais que traballan no sector.
Aquí podes ler o posicionamento de Plena inclusión ao respecto.

