Participa no proxecto estatal “Calidade que impulsa a Transformación”
Unha iniciativa para animar ás asociacións a implantar o Modelo de Calidade Plena
FADEMGA Plena inclusión Galicia
26-01-2026Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia queremos animarvos a participar no proxecto estatal “Calidade que impulsa a Transformación”, financiado con cargo ao IRPF, cuxo obxectivo é acompañar ás entidades na implantación do Modelo de Calidade Plena.
Trátase dunha oportunidade para:
• Iniciar ou retomar o camiño cara á Calidade Plena.
• Contar con apoios, materiais e acompañamento profesional.
• Avanzar na autoavaliación e na elaboración do plan de mellora.
Para explicar o proxecto con calma e resolver dúbidas, organizáronse sesións informativas en liña, abertas tanto a entidades que aínda non están no sistema como a aquelas que xa estades en proceso:
Sesións informativas:
- 3 de febreiro, de 10:00 a 11:30. Sesión para a Zona Norte: Galicia, Asturias, Cantabria, Castela e León, País Vasco, A Rioxa, Navarra, Aragón, Cataluña e Baleares. Accede nesta ligazón.
- 4 de febreiro, de 10:00 a 11:30. Sesión para a Zona Sur: Comunidade Valenciana, Murcia, Melilla, Castela-A Mancha, Ceuta, Madrid, Estremadura, Andalucía e Canarias. Accede nesta ligazón.
*(Se non podedes conectarvos o día asignado á vosa zona, podedes facelo na outra sesión)
:: INTERESÁCHE COMEZAR O CAMIÑO CARA A CALIDADE PLENA?
A partir do 4 de febreiro activarase tamén o formulario de inscrición no proxecto. Este formulario estará dispoñible na web de Plena inclusión, onde atoparedes ademáis documentación de apoio en lectura fácil.
Animámosvos especialmente a conectarvos á sesión informativa, escoitar a proposta e valorar con calma se este proxecto encaixa no momento actual da vosa entidade.
Para calquera dúbida, podedes contactar coa Área de Calidade de FADEMGA en: calidade@fademga.org ou chamando ao 981 51 96 50.
Agardamos vervos nas sesións e que vos animedes a dar este paso!

