Obradoiro "Sabemos o que comemos?"

Aprendemos sobre o etiquetado dos produtos

Obradoiro "Sabemos o que comemos?"

O programa "Collendo impulso cara a inclusión social" pon en marcha un novo obradoiro sobre alimentación saudable, nesta ocasión destinado a coñecer con maior profundidade o significado do etiquetado de produtos pero tamén para aprender sobre boas prácticas alimenticias, hixiene e saúde na cociña. 

A  actividade desenvolverase nas localidades de Santiago e Vigo, nas seguintes datas: 

En Santiago:

- o martes 21 de maio. De 16:30 – 19:00 horas
 

En Vigo:

- o martes 14 de maio. De 15:30 – 18:00 horas
- o martes 28 de maio. De 10:30 – 13:00 horas

 

PRAZAS E INSCRICIÓN

Contamos con 10 prazas para cada día, tendo prioridade as persoas do programa "Collendo Impulso cara a inclusión social". 

Aquelas persoas que desexedes participar, podedes realizar a vosa inscrición a través desta ligazón. 

O prazo para anotarvos estará aberto ata o venres 10 de maio. 

 

* Descarga aquí a información da actividade! 

Fai un comentario