O Concello de Ourense outorga ao Servizo de Emprego e Formación de FADEMGA Plena inclusión Galicia unha nova axuda

O Concello de Ourense outorga ao Servizo de Emprego e Formación de FADEMGA Plena inclusión Galicia unha nova axuda

O Concello de Ourense ven de outorgar ao Servizo de Emprego e Formación de FADEMGA Plena inclusión Galicia unha axuda de 4.172,00 euros a través de "Subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro en materia de servizos sociais dirixido a persoas e colectivos en situación de vulnerabilidade social do concello de Ourense no ano 2023".

Esta subvención destinarase á mellora da empregabilidade e o nivel de ocupación das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento de Ourense. Isto será posible a través da sensibilización e prospección do tecido empresarial, inserción socio laboral, prestación dos apoios necesarios para a consecución e mantemento dun posto de traballo, información e asesoramento a familiares, informar, asesorar e colaborar con outros interlocutores sociais públicos e privados e o fomento do acceso ao emprego público.

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALEGA DE ASOCIACIÓNS EN FAVOR DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL OU DO DESENVOLVEMENTO), como responsable do tratamento, tratará os seus datos para promocionar a súa actividade e avaliar a calidade dos seus servizos. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na información adicional que está á súa disposición no apartado de Política de Privacidade.