Novo seminario online sobre metodoloxía Montessori adaptada ao envellecemento
Aprende a potenciar capacidades no envellecemento!
FADEMGA Plena inclusión Galicia
02-09-2025O vindeiro 2 de outubro de 2025, organizamos o Seminario Online Montessori Adaptado: Potenciando capacidades no envellecemento, unha cita dirixida a profesionais que acompañan e apoian a persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento en proceso de envellecemento.
A sesión desenvolverase de forma telemática en horario de 11:00 a 13:00 horas, permitindo a participación desde calquera lugar.
Unha metodoloxía centrada nas capacidades
A metodoloxía Montessori aplicada a persoas maiores baséase na organización do entorno, o uso de materiais accesibles e a adaptación de actividades, favorecendo a participación activa e o respecto polas capacidades individuais de cada persoa.
Durante o seminario, abordaranse aspectos clave desta metodoloxía e daranse a coñecer experiencias de implementación con persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento en proceso de envellecemento. A sesión contará coa intervención de Inmaculada Orgaz Blázquez, terapeuta ocupacional da Fundación Alas Madrid, con ampla traxectoria neste ámbito.
Inscrición
A participación é de balde, mais podedes inscribirvos ata o propio día do seminario cubrindo este formulario.
Unha vez rexistradas, as persoas participantes recibiredes no voso correo electrónico a ligazón de acceso á sesión online.
Nesta ligazón podes consultar toda a información e cartel do seminario.

