Nova pilotaxe sobre acompañamento ao final da vida

Un proxecto dirixido a entidades que traballen con persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento maiores de 45 anos.

Nova pilotaxe sobre acompañamento ao final da vida

FADEMGA Plena inclusión Galicia lanza en 2026 unha nova pilotaxe no marco do programa "Maiores en acción". Leva por título “Acompañamento ata o final da vida” e está dirixida a entidades que traballan con persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento maiores de 45 anos.

Esta iniciativa nace coa intención de dar resposta á crecente demanda de coñecemento e formación por parte de profesionais e familias que desexan acompañar os procesos de final de vida desde un enfoque ético, baseado no respecto, a dignidade e o afecto.

 

OBXECTIVOS E CONTIDOS

A pilotaxe ten como obxectivo principal coñecer e compartir estratexias de acompañamento ético e respectuoso nas etapas finais da vida das persoas con discapacidade intelectual.

Entre os temas que se abordarán destacan:

- Que entendemos por final da vida.

- Planificación persoal por adiantado.

- Coidados paliativos e de longa duración.

- Apoio ao proceso de duelo.

- Espiritualidade e memoria.

- Coidar a quen coida.

- Aspectos legais vinculados ao final da vida.

 

METODOLOXÍA

O proceso desenvolverase mediante sesións formativas mensuais en liña e un espazo virtual compartido onde se colgarán materiais e tarefas.

As entidades participantes contarán co acompañamento de persoas expertas en transformación, como Cristina Roncero e Mireya Gómez, e deberán aplicar na práctica os coñecementos adquiridos.

As sesións celebraranse entre febreiro e novembro de 2026, en horario de 10:00 a 11:30.

 

A QUEN VAI DIRIXIDA?

Esta pilotaxe está pensada para entidades comprometidas co acompañamento ao final da vida. Cada entidade deberá conformar un grupo formado por:

- Polo menos 1 familiar.

- 1 persoa técnica responsable de centro ou servizo.

- Polo menos 2 profesionais de apoio directo.

 

INSCRICIÓN E PRAZOS

As entidades interesadas deben enviar a súa solicitude antes do 30 de xaneiro a través do correo electrónico: areasocial@fademga.org

Unha vez pechado o prazo, FADEMGA confirmará as entidades seleccionadas.

No caso de que haxa máis solicitudes das que se poidan asumir, a selección será realizada pola Xunta Directiva da Federación.

 

DOCUMENTOS E LIGAZÓNS

- Información xeral da pilotaxe. 

- Cronograma.

- Formulario de inscrición. 

 

Para resolver calquera dúbida, podedes contactar con FADEMGA a través do correo areasocial@fademga.org ou chamando ao teléfono 981 51 96 50, preguntando por Ángela Rivera González.

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALEGA DE ASOCIACIÓNS EN FAVOR DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL OU DO DESENVOLVEMENTO), como responsable do tratamento, tratará os seus datos para promocionar a súa actividade e avaliar a calidade dos seus servizos. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na información adicional que está á súa disposición no apartado de Política de Privacidade.