Nace "Plena Compaña", o novo servizo de apoio emocional de FADEMGA

Un espazo de escoita e acompañamento emocional para persoas con discapacidade intelectual.

Nace "Plena Compaña", o novo servizo de apoio emocional de FADEMGA

En FADEMGA Plena inclusión Galicia sabemos que ás veces o máis importante é ter a alguén que escoite, sen présa e sen xuízos.

Por iso, poñemos en marcha "Plena Compaña", un novo servizo dirixido a persoas con discapacidade intelectual que se sintan soas, preocupadas ou simplemente necesiten compartir como se atopan.

Este espazo nace co obxectivo de ofrecer acompañamento emocional, apoio cercano e unha conversa sincera cando máis se precisa. Aquí podes falar do que sintes, contar o que che pasa ou, simplemente, conversar cunha persoa que te escoita de verdade.

Como funciona?

O teléfono de atención é o 646 880 823.

Podes contactarnos nos seguintes horarios:

De luns a xoves: de 10:00 a 13:00 e de 16:30 a 18:00

Venres: de 10:00 a 13:00

Trátase dun servizo gratuito, confidencial e sen cita previa

Porque todas as persoas necesitamos ser escoitadas, Plena Compaña quere estar ao teu carón cando o mundo pesa ou cando simplemente queres falar con alguén.

Un pequeno xesto que pode marcar unha gran diferenza.

Se o precisas, chama.

Estamos para acompañarte!

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALEGA DE ASOCIACIÓNS EN FAVOR DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL OU DO DESENVOLVEMENTO), como responsable do tratamento, tratará os seus datos para promocionar a súa actividade e avaliar a calidade dos seus servizos. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na información adicional que está á súa disposición no apartado de Política de Privacidade.