Mulleres con discapacidade intelectual reúnense para promover a sororidade e o autocoidado

Un encontro chamado a continuar promovendo a visibilización do colectivo

Mulleres con discapacidade intelectual reúnense para promover a sororidade e o autocoidado

O aloxamento rural O Abeiro da Loba (en Madelos, A Coruña), acollerá entre os días 16 e 18 de setembro unha nova edición do “Encontro anual de mulleres con discapacidade intelectual”, unhas xornadas chamadas a afianzar lazos entre mulleres do movemento asociativo ao tempo que ofrecemos un espazo de libre expresión e intercambio de experiencias.

Nesta ocasión, 27 mulleres chegadas de 7 entidades galegas e da propia federación, participarán no encontro que xirará en torno ao autocoidado e á sororidade entre mulleres, todo elo a través de actividades vinculadas ao arte e á creatividade. 

O encontro anual de mulleres é unha cita asentada no calendario de actividades de FADEMGA Plena inclusión Galicia. Un espazo que naceu co fin de promover o empoderamento e autonomía das mulleres con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e ofrecerlles unha canle para compartir experiencias, expoñer as súas reivindicacións e para formarse sobre temas que tradicionalmente adoitaban estar invisibilizados, como a sexualidade feminina ou a prevención do abuso.  

Mulleres e discapacidade intelectual

A pesar de que nos últimos anos temos avanzado grandes pasos no eido social, as mulleres con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento continúan a ser obxecto de unha tripla discriminación polo feito de ser mulleres, de ter unha discapacidade e de que dita discapacidade sexa intelectual. 

Neste sentido, a súa posición social adoita vir condicionada por ter peores indicadores en educación, no emprego e mesmo no sistema sanitario. Ademais, teñen un maior risco de ser vítimas de violencia, estando aínda suxeitas a un espazo público onde non se lles permite proxectar as súas capacidades, e no que seguen vinculadas a un conxunto de prexuízos e estigmas que diminúen as súas opción de acadar unha inclusión social plena.

Mediante estos encontros tentamos visibilizar que, tanto o discurso do capacitismo como o do patriarcado, inflúen na posición social das nenas e mulleres con discapacidade intelectual, o que supón un impedimento para o cumprimento da Convención de Dereitos de Persoas con Discapacidade.

Con todo, e a pesar das múltiples barreiras que enfrontan estas mulleres, cada encontro anual supón a proba de que cada vez son máis as mulleres con discapacidade que defenden os seus dereitos e se empoderan para reclamar un espazo que tradicionalmente se lles ten negado. 

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALEGA DE ASOCIACIÓNS EN FAVOR DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL OU DO DESENVOLVEMENTO), como responsable do tratamento, tratará os seus datos para promocionar a súa actividade e avaliar a calidade dos seus servizos. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na información adicional que está á súa disposición no apartado de Política de Privacidade.