FADEMGA Plena inclusión Galicia recibe unha subvención da Deputación de Pontevedra para reforzar o Servizo de Emprego

FADEMGA Plena inclusión Galicia recibe unha subvención da Deputación de Pontevedra para reforzar o Servizo de Emprego

A Deputación de Pontevedra ven de conceder unha nova subvención ao Servizo de Emprego de FADEMGA Plena inclusión Galicia na provincia de Pontevedra, dentro do marco de "Subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro para actuacións no ámbito social no ano 2024".

Esta axuda, recibida o pasado 10 de outubro, supón unha aportación de 1.500 euros e permitirá reforzar as actividades do noso Servizo de Emprego, apoiando así a creación de oportunidades de inserción laboral para persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento na provincia de Pontevedra.

FADEMGA agradece a confianza e o compromiso da Deputación de Pontevedra en favor da inclusión laboral, permitindo que máis persoas poidan desenvolver o seu potencial e acadar unha maior autonomía.

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALEGA DE ASOCIACIÓNS EN FAVOR DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL OU DO DESENVOLVEMENTO), como responsable do tratamento, tratará os seus datos para promocionar a súa actividade e avaliar a calidade dos seus servizos. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na información adicional que está á súa disposición no apartado de Política de Privacidade.