FADEMGA Plena inclusión Galicia recibe unha axuda da Deputación de Pontevedra para o seu Servizo de Información e Orientación Laboral en Vigo

FADEMGA Plena inclusión Galicia recibe unha axuda da Deputación de Pontevedra para o seu Servizo de Información e Orientación Laboral en Vigo

FADEMGA Plena inclusión Galicia vén de recibir unha axuda económica da Deputación de Pontevedra dentro da convocatoria de subvencións de 2025 destinadas a entidades sociais sen ánimo de lucro.

Esta colaboración permitirá financiar parte das actividades que se desenvolven no Servizo de Información e Orientación Laboral que FADEMGA ten no Concello de Vigo, un recurso clave para apoiar a inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual.

Un apoio para fomentar o emprego inclusivo

A contía concedida ascende a 4.000 euros, que se destinarán a continuar o labor de orientación, acompañamento e apoio que o servizo presta a persoas con discapacidade intelectual en materia de emprego.

Grazas a esta achega, FADEMGA poderá seguir desenvolvendo accións como:

- Información sobre dereitos laborais.

- Orientación e asesoramento na busca de emprego.

- Apoio á formación profesional e á mellora das competencias....

 

Un paso máis cara á igualdade de oportunidades

Desde FADEMGA Plena inclusión Galicia queremos agradecer á Deputación de Pontevedra o seu compromiso e apoio ao traballo que realizan as entidades sociais.

Este tipo de axudas son fundamentais para construír unha sociedade máis xusta, inclusiva e con igualdade de oportunidades, na que todas as persoas poidan acceder ao mercado laboral en condicións de equidade.

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALEGA DE ASOCIACIÓNS EN FAVOR DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL OU DO DESENVOLVEMENTO), como responsable do tratamento, tratará os seus datos para promocionar a súa actividade e avaliar a calidade dos seus servizos. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na información adicional que está á súa disposición no apartado de Política de Privacidade.