FADEMGA Plena inclusión Galicia recibe apoio da Deputación da Coruña para o desenvolvemento de dous programas sociais no 2025

FADEMGA Plena inclusión Galicia recibe apoio da Deputación da Coruña para o desenvolvemento de dous programas sociais no 2025

A Deputación da Coruña aprobou a concesión de axudas na súa Convocatoria 2024 destinadas á realización de programas de interese social durante o ano 2025.

A través desta convocatoria, FADEMGA Plena inclusión Galicia recibirá financiamento para a execución de dous proxectos que contribúen a mellorar o benestar das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, así como a promover a súa inclusión social e laboral:

Programa de Respiro Familiar “Estancias programadas en instalacións comunitarias”

Convocatoria FOAXEP

Expediente: 2024000050173

Importe concedido: 11.245,15 €

Programa de Inserción Laboral “Mellora da eficiencia enerxética, seguridade e saneamento”

Convocatoria FOIE

Expediente: 2024000050383

Importe concedido: 2.468,67 €

 

Grazas a este apoio, FADEMGA continuará fortalecendo os seus programas de respiro familiar e inserción laboral, que ofrecen oportunidades de descanso, formación e inclusión activa para persoas con discapacidade intelectual e as súas familias.

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALEGA DE ASOCIACIÓNS EN FAVOR DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL OU DO DESENVOLVEMENTO), como responsable do tratamento, tratará os seus datos para promocionar a súa actividade e avaliar a calidade dos seus servizos. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na información adicional que está á súa disposición no apartado de Política de Privacidade.