FADEMGA Plena inclusión Galicia pon en marcha ACENDE, un novo servizo de asesoramento sexolóxico
Acende o dereito a sentir, gozar e decidir!

FADEMGA Plena inclusión Galicia
03-04-2025FADEMGA Plena inclusión Galicia lanza ACENDE, un novo servizo de asesoramento sexolóxico destinado a promover unha sexualidade saudable e respectuosa entre as persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento.
Este servizo nace da necesidade de ofrecer apoio e recursos adaptados para resolver dubidas, orientar e sensibilizar sobre dereitos sexuais.
Que ofrece ACENDE?
ACENDE ofrece un espazo de apoio no que traballar distintos aspectos relacionados coa sexualidade e as relacións interpersoais, atendendo sempre ás necesidades individuais de cada persoa.
Algúns dos temas que trataremos son:
- Promoción da saúde sexual e reprodutiva en tódalas etapas vitais.
- Recoñecemento da identidade de xénero, expresión de xénero e orientación sexual.
- Dereitos sexuais.
- Elaboración e difusión de materiais adaptados ás necesidades e demandas.
- Orientación nos cambios corporais asociados á sexualidade.
- Prevención do abuso e traballo sobre o consentimento sexual.
- Fomento do bo trato, o respecto pola intimidade e polo propio corpo.
- Apoio no aprendizaxe de relacións igualitarias e saudables.
- Resolución de dúbidas sobre anticoncepción, embarazo e hixiene íntima.
- Información sobre disfuncións eróticas, expresión de desexos e necesidades.
- Orientación en dificultades na parella e outros aspectos relacionados co benestar emocional e sexual.
Quen pode solicitar o servizo?
O servizo ACENDE está dirixido ás mulleres con discapacidade intelectual e do desenvolvemento, pero tamén a profesionais e familias que precisen orientación ou recursos para mellorar a educación sexual e garantir unha sexualidade saudable e segura.
Como solicitar o servizo?
Para solicitar o servizo Acende tes que chamar ou enviar un WhatsApp ao teléfono 683 43 00 12.
Tamén podes mandar un correo a sexualidade@fademga.org
Despois tes que cubrir:
Despois de facer a solicitude poñerémonos en contacto contigo para ter unha reunión.
Nas seguintes ligazóns podes descargar: