FADEMGA Plena inclusión Galicia e a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes colaboran na adaptación de documentos xudiciais a lectura fácil

FADEMGA Plena inclusión Galicia e a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes colaboran na adaptación de documentos xudiciais a lectura fácil

O 4 de xuño de 2025, FADEMGA Plena inclusión Galicia asinou un convenio de colaboración coa Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia para o desenvolvemento dun proxecto pioneiro centrado na adaptación de documentos xudiciais a lectura fácil.

Este proxecto, dotado inicialmente cun importe de 20.000,00 €, ten como obxectivo mellorar o acceso á xustiza das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, facilitando a comprensión dos textos legais e garantindo o exercicio efectivo dos seus dereitos.

En outubro de 2025 concedéuselle unha ampliación de 2.500 € adicionais, quedando pendente a sinatura da correspondente addenda ao convenio.

Esta iniciativa enmárcase no compromiso de FADEMGA Plena inclusión Galicia por avanzar cara a unha sociedade máis accesible e xusta, promovendo a accesibilidade cognitiva como un dereito fundamental e unha ferramenta clave para a igualdade de oportunidades.

 

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALEGA DE ASOCIACIÓNS EN FAVOR DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL OU DO DESENVOLVEMENTO), como responsable do tratamento, tratará os seus datos para promocionar a súa actividade e avaliar a calidade dos seus servizos. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na información adicional que está á súa disposición no apartado de Política de Privacidade.