Curso de extensión universitaria "O acceso á xustiza para as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento"
Porque o dereito á xustiza tamén é o dereito a comprender, participar e decidir!
FADEMGA Plena inclusión Galicia
21-04-2025Moitas persoas con discapacidade intelectual seguen sen acceder á xustiza en igualdade de condicións. Os axustes de procedemento están recoñecidos pola ONU e pola normativa estatal, e son claves para garantir o dereito a entender e ser entendido no ámbito xudicial.
Por iso colaboramos neste curso da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) que se celebrará do 5 ao 15 de maio de 2025, presencial ou online (en directo ou en diferido).
Dirixido a:
- Persoal xudicial.
- Corpos e forzas de seguridade.
- Persoal técnico e profesionais do ámbito da discapacidade.
- Persoas interesadas na defensa dos dereitos.
Con intervención de profesionais de FADEMGA Plena inclusión Galicia e outras expertas en facilitación, dereito procesual, accesibilidade e atención a persoas en contornas penais.
Porque o dereito á xustiza tamén é o dereito a comprender, participar e decidir.
Consulta o programa completo e inscríbete aquí

