Charla-coloquio sobre envellecemento: unha mirada positiva, realista e con apoios

A charla, de balde, celebrarase o 29 de xaneiro, no salón de actos da Universidade Intercontinental da Empresa (UIE) en A Coruña.

Charla-coloquio sobre envellecemento: unha mirada positiva, realista e con apoios

O Centro ocupacional Pascual Veiga e FADEMGA Plena inclusión Galicia organizamos unha charla-coloquio sobre o proceso de envellecemento dirixida a familias, estudantes, profesionais, persoas coidadoras, voluntariado así como a toda aquela persoa interesada neste eido. 

Esta charla ten como obxectivo ofrecer unha visión positiva, realista e comprometida desta etapa vital, poñendo o foco na dignidade, a autonomía e a toma de decisións ao longo de toda a vida. Ao longo da sesión, reflexionaremos sobre como afrontar o envellecemento dende o respecto ás persoas e dende a necesidade de contar cos apoios axeitados en cada momento vital, garantindo unha boa calidade de vida tamén nas etapas máis avanzadas.

De maneira específica, abordaremos cuestións clave como:

- A importancia de seguir sendo parte activa nas decisións vitais, tamén na vellez.

- O empoderamento das persoas maiores coidadoras, ofrecéndolles ferramentas prácticas para afrontar os cambios asociados ao envellecemento.

- A necesidade de recursos e apoios adaptados ás necesidades de cada persoa.

- A visibilización do envellecemento como unha etapa que, con apoios adecuados, pode ser digna, segura e enriquecedora.

Esta charla-coloquio pretende ser tamén un espazo de encontro, diálogo e intercambio de experiencias, no que compartir inquietudes, resolver dúbidas e construír de maneira colectiva unha mirada de futuro sobre o envellecemento.

 

DATA, LUGAR E HORARIO

A charla é de balde, e celebrarase o 29 de xaneiro de 2026, no salón de actos da Universidade Intercontinental da Empresa (UIE), situada na Ronda de Nelle, 31 (A Coruña), en horario de 16:00 a 20:00 horas.

 

INSCRICIÓN E PROGRAMA

O prazo de inscrición estará aberto ata o 22 de xaneiro.

Para inscribirte, debes acceder ao formulario de inscrición a través desta ligazón, cubrir os teus datos e premer en enviar.

Unha vez completado o proceso, aparecerá a mensaxe: “La respuesta se ha enviado”.

Finalizado o prazo de inscrición, dende FADEMGA confirmarémosche a praza por correo electrónico.

Poes descargar o programa completo da charla-coloquio seguindo esta ligazón. 

 

ALGUNHA DÚBIDA?

Se precisas máis información ou tes algunha dúbida, podes contactar con nós a través do correo areasocial@fademga.org ou chamando ao 981 51 96 50.

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALEGA DE ASOCIACIÓNS EN FAVOR DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL OU DO DESENVOLVEMENTO), como responsable do tratamento, tratará os seus datos para promocionar a súa actividade e avaliar a calidade dos seus servizos. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na información adicional que está á súa disposición no apartado de Política de Privacidade.