Bolsa de persoas auditoras. Edición 2024

Bolsa de persoas auditoras. Edición 2024
imaxe de FADEMGA
FADEMGA
19-02-2024

A bolsa de persoas auditoras... que é?

A bolsa de persoas auditoras é unha rede de contactos de auditores e auditoras internas de calidade das entidades federadas. Inscribíndose, as persoas auditoras póñense a disposición para auditar internamente a outra entidade e solicitar que alguén da bolsa lles realice a auditoría interna.

Entre os beneficios desta bolsa cabe destacar a superación da rutina e costume que podería supor a realización de auditorías na propia entidade, facilitando que se identifiquen oportunidades de mellora ante outros métodos de traballo e fortalecendo a independencia e obxectividade da auditoría. Tampouco se pode obviar o importante intercambio de coñecemento e de conexións que se forman entre as entidades federadas.

Onde podo obter máis información?

A continuación achegamos varias ligazóns onde podes descargar toda a información relativa á bolsa de persoas auditoras e o seu funcionamento, así como a documentación necesaria para poder inscribirte. 

- Arquivo informativo

- Ficha de inscrición

- Compromiso de participación

Ata que día podo apuntarme?

O prazo está aberto ata o 19 de xaneiro de 2024. 

Cando coñecerei quen me auditará e a quen auditarei?

O día 31 de xaneiro daremos a coñecer o calendario co cruce de auditorías internas establecidas. 

Se tes calquera dúbida ou cuestión ao respecto, podes contactarnos no teléfono 981 51 96 50, preguntando por Bibi ou Andrea, ou ben a través do mail calidade@fademga.org

Fai un comentario