Atención mulleres! Volven os nosos encontros!

Lanzamos nova convocatoria para participar nos Grupos de Mulleres. Estamos esperando por ti!

Atención mulleres! Volven os nosos encontros!

Se estás buscando un espazo onde empoderarte, aprender sobre igualdade de xénero, compartir experiencias e desfrutar de actividades culturais e de ocio… este é o teu sitio!

Un ano máis abrimos a convocatoria para formar parte dos grupos de mulleres con discapacidade intelectual que se reúnen mensualmente para traballar en común aspectos como a participación social, para formarse sobre a prevención de abusos, para a topar apoio e asesoramento persoal ou simplemente para compartir tempo con outras mulleres coma ti!

Prepárate, porque os nosos grupos son un impulso cara ao cambio e a igualdade!

Información xeral dos encontros

Se estás interesada en participar soamente tes que cubrir a ficha de inscrición e achegala a areasocial@fademga.org. Tes de prazo ata o 17 de febreiro!

O horario dos encontros será de 11:00 h a 13:00 horas e terán lugar de maneira periódica en Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Pontevedra.

Nesta ligazón podes atopar máis información sobre o funcionamento dos encontros. 

Esperámoste!

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALEGA DE ASOCIACIÓNS EN FAVOR DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL OU DO DESENVOLVEMENTO), como responsable do tratamento, tratará os seus datos para promocionar a súa actividade e avaliar a calidade dos seus servizos. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na información adicional que está á súa disposición no apartado de Política de Privacidade.