Asistimos á entrega de medallas Emilia Pardo Bazán

As medallas foron creadas pola Xunta de Galicia no ano 2019 para o recoñecemento e accións relevantes en prol da igualdade entre mulleres e homes.

Asistimos á entrega de medallas Emilia Pardo Bazán

Os tres institutos de investigación sanitaria de Galicia, a Asociación de Mulleres con Discapacidade (Acadar) e a impulsora da Asociación de Amas de Casa, Usuarios e Consumidores da Coruña, Rosa Otero, recibiron este mércores as medallas Emilia Pardo Bazón durante un acto no que FADEMGA Plena inclusión Galicia tivo a sorte de participar. 

Neste encontro estiveron presentes as persoas homenaxeadas así como a conselleira de Política Social, Fabiola García, o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, a subdelegada do goberno, María Rivas ou o presidente do Parlamento galego, Miguel Ángel Santalices. 

Durante o acto, Marta Núñez, membro da Xunta Directiva da Asociación Acadar (entidade sen ánimo de lucro que reivindica a igualdade de oportunidades das mulleres con algunha discapacidade) quixo visibilizar a súa loita "Se unha muller ten unha discapacidade, sexa cal sexa, debe facer moitas conquistas, tanto no ámbito privado coma no público"

A esta reivindicación sumouse Rosa Otero, presidenta da Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios da Coruña, "Nestes anos temos avanzado moito con respecto á igualdade, no plano educativo, laboral, familiar, cultural e social. Pero é importante que as mulleres continuemos loitando para que dita igualdade, real e efectiva, chegue a moitos outros ámbitos".

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALEGA DE ASOCIACIÓNS EN FAVOR DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL OU DO DESENVOLVEMENTO), como responsable do tratamento, tratará os seus datos para promocionar a súa actividade e avaliar a calidade dos seus servizos. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na información adicional que está á súa disposición no apartado de Política de Privacidade.