Segunda convocatoria de Viaxes IMSERSO 2025. Apúntate!

O prazo estará aberto ata o vindeiro 11 de maio

Segunda convocatoria de Viaxes IMSERSO 2025. Apúntate!

O lecer e o tempo libre xogan un papel fundamental no desenvolvemento de todas as persoas, sendo ademais clave para a inclusión social. 

Por iso, desde FADEMGA Plena inclusión Galicia vimos apostando desde hai anos por ofrecer a todas as persoas con discapacidade intelectual a posibilidade de participar no Programa de Vacacións IMSERSO, tendo sempre en conta as súas preferencias e gustos.

A través deste programa queremos promover a inclusión mediante espazos de lecer normalizados e fomentar a creación de contornas inclusivas que favorezan as relacións persoais entre persoas con e sen discapacidade, á vez que fomentamos a creación de redes de apoios naturais na comunidade.

Rematada a primeira convocatoria do pasado mes de febreiro, abrimos agora o prazo para participar nesta segunda fase do programa, para a que podedes achegarnos a documentación ata o 11 de maio.   

Se tes calquera dúbida podes chamarnos ao 981 51 96 50 ou escribirnos a ocio@fademga.org

A continuación podes descargar a documentación coas instrucións para realizar a solicitude, os destinos desta segunda convocatoria e os arquivos necesarios para a inscrición: 

- Convocatoria

- Condicións xerais

- Ficha de autorización

- Ficha de solicitude individual

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALEGA DE ASOCIACIÓNS EN FAVOR DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL OU DO DESENVOLVEMENTO), como responsable do tratamento, tratará os seus datos para promocionar a súa actividade e avaliar a calidade dos seus servizos. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na información adicional que está á súa disposición no apartado de Política de Privacidade.