Abrimos o prazo de inscrición para a "Xornada de accesibilidade cognitiva en espazos"
Unha ferramenta de dereitos
FADEMGA Plena inclusión Galicia
06-02-2025Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia anunciamos a apertura do prazo de inscrición para a nosa "Xornada de accesibilidade cognitiva en espazos", que terá lugar o vindeiro 21 de marzo na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en Santiago de Compostela.
Este evento ten como obxectivo principal sensibilizar e formar sobre a importancia da accesibilidade cognitiva, promovendo espazos máis comprensibles e accesibles para todas as persoas. Contaremos con persoas expertas na materia chegadas dende a Oficina de Accesibilidade Cognitiva e Lectura Fácil de Estremadura, dende o Servizo de Información Accesible de Plena inclusión Región de Murcia e mesmo do laboratorio de Diversidade, Cognición e Linguaxe da
Universidade de Sevilla. Asemade, poderemos escoitar experiencias de boas prácticas e mesas de debate para compartir coñecementos e propostas innovadoras.
A xornada está dirixida a profesionais, entidades sociais, administracións públicas e todas aquelas persoas interesadas en contribuír a unha sociedade máis accesible e inclusiva!
As prazas son limitadas, polo que animamos a todas as persoas interesadas a inscribirse canto antes.
Para máis información e formalizar a inscrición, podedes consultar este documento con toda a información da xornada e programa da mesma.
Nesta ligazón podedes acceder ao formulario de inscrición.
Agardámosvos para compartir un encontro enriquecedor e cheo de aprendizaxes!

