Abrimos as inscricións para a Convivencia de Irmás, Irmáns, Cuñadas e Cuñados 2026

A cita terá lugar o 28 de novembro en Santiago de Compostela e ofrecerá un espazo para compartir experiencias e aprender a acompañar nos procesos de duelo. As inscricións estarán abertas ata o 20 de novembro.

Abrimos as inscricións para a Convivencia de Irmás, Irmáns, Cuñadas e Cuñados 2026

Como afrontar os cambios e as perdas que vivimos? Como acompañar unha persoa con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento durante o duelo, respectando os seus tempos, necesidades e sentimentos?

Baixo o lema «A importancia dos cambios no camiño da vida», abrimos as inscricións para unha nova Convivencia de Irmás, Irmáns, Cuñadas e Cuñados. Celebrarémola o sábado 28 de novembro, de 10:00 a 18:00 horas, na Hospedería de San Martín Pinario, en Santiago de Compostela. A xornada combinará formación, intercambio de experiencias e actividades participativas. Queremos ofrecer un espazo de encontro no que compartir inquedanzas e coñecer ferramentas prácticas para comprender, expresar e xestionar as emocións que xorden durante o duelo, tanto as propias como as das persoas ás que acompañamos.

Durante a mañá contaremos con María Parada, psicóloga de Fundación Hospitalarias Betanzos, que abordará o impacto emocional dos cambios da vida e os apoios e recursos para acompañar estes procesos. Pola tarde, Marta Pérez, licenciada en Filosofía, actriz e creadora escénica, dinamizará a sesión «Os sentimentos das vivencias do camiño».

Podes consultar aquí o programa completo da xornada. 

Como inscribirse?

A convivencia está dirixida a irmás, irmáns, cuñadas e cuñados de persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e contará cun máximo de 30 participantes.

Cada persoa interesada deberá cubrir este formulario de inscrición coa axuda dunha persoa profesional da súa asociación, ata o 20 de novembro incluído.

Non se admitirán inscricións por outras vías nin fóra de prazo.

No formulario será necesario indicar se se queda a comer e se se precisa algunha dieta especial ou se teñen intolerancias alimentarias.

A partir do 23 de novembro confirmaremos as inscricións admitidas.

Se unha persoa inscrita finalmente non pode asistir, deberá comunicar a súa baixa antes da convivencia a través do correo familias@fademga.org.

 

Unha oportunidade para atoparnos, aprender e compartir como acompañar os cambios que forman parte da vida!

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Reglamento (UE) 2016/679 RGPD y LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALLEGA DE ASOCIACIONES EN FAVOR DE LAS PERSONAS CON DISCAPACIDAD INTELECTUAL O DEL DESARROLLO), como responsable del tratamiento, tratará sus datos para promocionar su actividad y evaluar calidad de sus servicios. Podrá ejercitar los derechos de acceso, rectificación y supresión de los datos, entre otros, tal y como se explica en la información adicional que está a su disposición en el apartado de Política de Privacidad.