Abrimos a convocatoria para participar na bolsa de persoas auditoras

Unha porta aberta ao intercambio de coñecementos e a mellora continua entre entidades federadas

Abrimos a convocatoria para participar na bolsa de persoas auditoras

Xa está aberta a edición 2025 da bolsa de persoas auditoras. Inscribíndote nesta bolsa, a persoa auditora ponse a disposición para auditar internamente a outras entidades federadas ao tempo que solicita que os audite alguén da bolsa.

Para que serve a bolsa?

A bolsa serve para cruzar auditorías fomentando o intercambio de coñecemento, aprender do que se fai noutras entidades e identificar posibles melloras para cada entidade. 

Como podes anotarte?

Cubre e envíanos a calidade@fademga.org a seguinte documentación:

1. A ficha de inscrición, que servirá para saber quen se apunta e organizar o cruce de auditorías.

2. O compromiso de participación

O prazo para enviarnos esta documentación remata o 31 de Xaneiro de 2025.

Podes ampliar a información sobre a bolsa de persoas auditoras nestas ligazóns: 

- Información xeral sobre a bolsa.

- Información adicional.

 

E se tes algunha dúbida... chámanos ao 981 51 96 50 ou escribe a calidade@fademga.org. 

Anímate a participar!

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALEGA DE ASOCIACIÓNS EN FAVOR DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL OU DO DESENVOLVEMENTO), como responsable do tratamento, tratará os seus datos para promocionar a súa actividade e avaliar a calidade dos seus servizos. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na información adicional que está á súa disposición no apartado de Política de Privacidade.