Abrimos a convocatoria para formar parte da bolsa de persoas auditoras

Un proceso aberto anualmente para reforzar a avaliación e mellora continua das entidades

Abrimos a convocatoria para formar parte da bolsa de persoas auditoras

A bolsa de persoas auditoras é unha rede de profesionais das entidades federadas que realizan auditorías internas de calidade. A través desta bolsa, as persoas inscritas poñen os seus coñecementos a disposición doutras entidades e, ao mesmo tempo, poden solicitar que unha persoa da bolsa realice a auditoría na súa propia entidade.

Este sistema permite ir máis alá das auditorías habituais dentro da mesma organización, evitando rutinas e miradas excesivamente coñecidas. Así, facilítase a identificación de novas oportunidades de mellora a partir doutros xeitos de traballar, reforzando a independencia e a obxectividade do proceso de auditoría. Ademais, a bolsa favorece o intercambio de coñecemento, a aprendizaxe compartida e a creación de vínculos profesionais entre as entidades federadas, fortalecendo o traballo en rede.

 

Onde podo obter máis información?

Podes consultar toda a información nos seguintes documentos:

- Guía informativa da Bolsa de persoas auditoras internas de FADEMGA Plena inclusión Galicia.

- Documento de compromiso da Bolsa de persoas auditoras internas.

- Información adicional da Bolsa de persoas auditoras internas.

 

Ata que día podes inscribirte?

O prazo de inscrición estará aberto ata o 16 de xaneiro de 2025.

 

Cando coñecerás a quen te auditará e a quen auditarás?

Antes do 26 de xaneiro de 2026 enviarémosvos o calendario co cruce das auditorías internas entre as entidades participantes.

 

Algunha dúbida?

Podes contactar directamente con Bibi no teléfono: 981 519 650 ou no correo electrónico: calidade@fademga.org

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALEGA DE ASOCIACIÓNS EN FAVOR DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL OU DO DESENVOLVEMENTO), como responsable do tratamento, tratará os seus datos para promocionar a súa actividade e avaliar a calidade dos seus servizos. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na información adicional que está á súa disposición no apartado de Política de Privacidade.