Aberto o prazo para solicitar a formación prelaboral para persoas con discapacidade intelectual
Formación práctica e adaptada para apoiar a inserción laboral do colectivo
FADEMGA Plena inclusión Galicia
02-07-2025As entidades federadas de FADEMGA Plena inclusión Galicia xa poden solicitar a nova convocatoria da formación prelaboral, un servizo orientado a mellorar a empregabilidade das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento que se atopan ou queiran iniciar un proceso de busca de emprego. A través de diferentes accións formativas adaptadas ás características e necesidades de cada grupo, a formación prelaboral ofrece ferramentas clave para facilitar o acceso ao mercado laboral.
OBXECTIVO DA FORMACIÓN
O programa busca dotar ás persoas participantes da información e habilidades necesarias para realizar unha busca activa de emprego eficaz e autónoma. Para iso, combínanse contidos teóricos e prácticos que permiten traballar desde o autocoñecemento ata a preparación de entrevistas.
OFERTA FORMATIVA
A formación estrutúrase en dúas modalidades principais:
1. Cursos de formación prelaboral (ata 25 horas)
- Habilidades sociolaborais
- Técnicas de busca de emprego
- Dereitos e deberes das persoas traballadoras
- Prevención de riscos laborais
- Educación vial e educación en igualdade
2. Talleres específicos (máx. 5 horas)
- Elaboración de currículum vitae
- Entrevista de traballo
- Resolución de conflitos
- Brigadas de busca de emprego
- Igualdade para o emprego
- Manexo do euro
- Habilidades comunicativas e motivación
*Como novidade, inclúese o curso “Acceso ao emprego público e oposicións”, dirixido a persoas interesadas en procesos selectivos na administración.
INFORMACIÓN PRÁCTICA
Duración mínima: 15 horas nos cursos e 3 horas nos talleres.
Participantes: entre 6 e 10 persoas nos cursos; entre 5 e 8 nos talleres.
Modalidade: os/as técnicos/as de orientación desprazaranse ata a entidade.
Requisitos: ter discapacidade intelectual acreditada, ser maior de 16 anos e estar inscrito no Centro Colaborador do Servizo Público de Emprego de FADEMGA (a inscrición pode realizarse despois de solicitar a formación).
COMO PODES SOLICITAR ESTAS FORMACIÓNS?
O prazo para realizar a solicitude de formación prelaboral temina o xoves 24 de xullo de 2025.
O período de execución das accións formativas será entre o 15 de setembro e o 28 de novembro de 2025.
A adxudicación dos cursos realizarase por rigorosa orde de solicitude.
As entidades interesadas en realizar algún tipo de acción formativa deberán remitir a Ficha de Solicitude a formacion@fademga.org
*Aquelas entidades que desexedes propoñer unha acción formativa relacionada co acceso e mantemento do emprego non contemplada no catálogo desta convocatoria, podedes enviarnos a vosa proposta por correo electrónico. A área de Emprego e Formación da Federación a valorará e comunicará á entidade solicitante a súa viabilidade coa suficiente antelación antes das datas de execución propostas.
Nesta ligazón podes consultar o folleto da formación prelaboral 2025.

