Aberto o prazo de inscrición para asistir ao Encontro Estatal de Boas Prácticas de Plena inclusión

Reserva a túa praza e participa nun espazo que impulsa o cambio real!

Aberto o prazo de inscrición para asistir ao Encontro Estatal de Boas Prácticas de Plena inclusión

Xa está aberto o prazo para inscribirse como persoa asistente ao Encontro Estatal de Boas Prácticas de Plena inclusión, que este ano celébrase baixo o lema “Prácticas con impacto”.

Un evento para coñecer experiencias inspiradoras, compartir aprendizaxes e conectar con outras entidades, profesionais, persoas con discapacidade intelectual e familias.

Lugar: Sevilla (Facultade de Ciencias Económicas da Universidade Hispalense e Hotel Meliá Lebreros)

Datas: 6 e 7 de novembro

Inscricións abertas ata completar aforo.

Podes atopar máis información en www.plenainclusion.org e facer a túa inscrición nesta ligazón. 

Este Encontro é unha boa oportunidade para:

• Coñecer iniciativas que están a transformar realidades.

• Reflexionar en clave de innovación, impacto e participación.

• Reforzar os vínculos dentro do movemento asociativo.

Anímate a participar!

Se precisades máis información, podedes contactar coa área de Calidade da Federación (calidade@fademga.org).

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALEGA DE ASOCIACIÓNS EN FAVOR DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL OU DO DESENVOLVEMENTO), como responsable do tratamento, tratará os seus datos para promocionar a súa actividade e avaliar a calidade dos seus servizos. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na información adicional que está á súa disposición no apartado de Política de Privacidade.