A área de Emprego e Formación de FADEMGA recibe unha subvención do Concello de Vigo para actividades en 2025
FADEMGA Plena inclusión Galicia
29-10-2025FADEMGA Plena inclusión Galicia ven de recibir unha subvención do Concello de Vigo, no marco da convocatoria de axudas a entidades e asociacións de carácter social sen ánimo de lucro para a realización de actividades na área dos Servizos Sociais durante o ano 2025. A cuantía concedida ascende a 4.189,59 €, unha cifra que supón un incremento significativo respecto de anos anteriores.
Esta mellora do financiamento permitirá reforzar as accións que a Federación desenvolve en Vigo e na súa área de influencia, orientadas a mellorar a empregabilidade e formación do colectivo.
Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia queremos agradecer ao Concello de Vigo o seu apoio continuado e o recoñecemento ao labor das entidades sociais, que traballan día a día por unha sociedade máis xusta e solidaria.

