18 Seminario sobre discapacidade intelectual e saúde mental

Declarado de interese sanitario pola Consellería de Sanidade

18 Seminario sobre discapacidade intelectual e saúde mental

Xa estamos a argallar a 18º edición do Seminario sobre discapacidade intelectual e saúde mental, e queremos contar contigo!

Trátase dunha xornada orientada a dar resposta ás diferentes dúbidas, dificultades e tipos de intervencións axeitadas nas persoas con discapacidade intelectual que teñen trastornos mentais e/ou alteracións de conduta asociados. Nesta edición o Seminario xirará en torno a dous grandes temas: como acompañar ás persoas con alteracións sensoriais e a saúde mental familiar.  Asemade, contaremos cunha mesa redonda  sobre novas realidades na que poderemos compartir impresión sobre o novo modelo social de dereitos, o novo baremo de recoñecemento do grao de discapacidade e o día a día na prestación de apoios nos centros. 

Nesta ligazón podedes consultar o programa completo e os profesionais que nos acompañarán durante a xornada. 

 

PRAZOS E CUSTO

Aquelas persoas interesadas en participar debedes enviar a ficha de inscrición cuberta e asinada a areasocial@fademga.org

Tedes dous prazos para facelo. 

1º prazo: Aberto ata o 15 de novembro

Custo de 10€ para:

- Persoas que pertenzan a unha asociación federada en FADEMGA

- Estudantes da USC

Custo de 18 € para:

- Persoas que non pertencen a ningunha asociación federada en FADEMGA

- Persoas que pertencen a unha asociación que forma parte de FADEMGA pero inscríbense a título persoal.

 

2º prazo:

Entre o 16 e o 21 de novembro ata as 14:00 horas.

Custo de 15 € para:

- Persoas que pertenzan a unha asociación federada en FADEMGA

- Estudantes da USC

 

Custo de 25 € para:

- Persoas que non pertencen a ningunha asociación federada en FADEMGA

- Persoas que pertencen a unha asociación que forma parte de FADEMGA pero inscríbense a título persoal.

 

PROCESO DE INSCRICIÓN

- O número de conta para facer o ingreso é: ABANCA ES87 2080 0300 8930 4012 6857

- No concepto indicarase: 18 seminario + nome da persoa.

- Envía a túa inscrición xunto co xustificante de pago a areasocial@fademga.org

- O remate de cada un dos prazos confirmaremos a praza dende FADEMGA vía mail.

- En caso de cubrirse o aforo notificaremos as persoas que non sexan admitidas e reembolsaremos o importe inicialmente abonado.

- Tras a confirmación da praza, no caso de producirse algunha baixa, non se reembolsara o importe abonado, independentemente do motivo da mesma.

- No caso de entidades que forman parte de FADEMGA, emitiremos obrigatoriamente unha factura polo importe ingresado.

- As entidades que non formen parte de FADEMGA e particulares que se inscriban a título persoal deberán indicar se necesitan factura e nese caso, facilitarnos os datos fiscais.

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALEGA DE ASOCIACIÓNS EN FAVOR DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL OU DO DESENVOLVEMENTO), como responsable do tratamento, tratará os seus datos para promocionar a súa actividade e avaliar a calidade dos seus servizos. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na información adicional que está á súa disposición no apartado de Política de Privacidade.