Proxecto "Aténdeme-Enténdeme"

Mellorando a comunicación no centro de saúde

 

QUE É O PROXECTO ATÉNDEME-ENTÉNDEME?


"Aténdeme-Enténdeme" é un proxecto que realizamos dende FADEMGA Plena inclusión Galicia coa axuda da Consellería de Sanidade. Tratase dun proxecto destinado a mellorar a atención en consulta das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

Ata o de agora o proxecto chegou ata os centros de saúde de Carballo, Viveiro, Carballiño, Lérez, La Peregrina e Coia, así como ao centro médico de Lalín e ao centro de atención primaria de Burela. 

 

OBXECTIVOS DO PROXECTO


Aténdeme-enténdeme ten como obxectivo que os profesionais dos centros sanitarios:

  • Entendan as características das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.
  • Descubran ferramentas e recursos para mellorar a comunicación coas persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.
  • Coñezan estratexias para axudar as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento a estar tranquilos e cómodos nas consultas e/ou probas médicas.
  • Comprendan a importancia da información que coñecen os acompañantes das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento que teñen dificultades para comunicarse.

 

COMO SE DESENVOLVE O PROXECTO?


Varios grupos constituídos por unha persoa con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, un familiar e un profesional de apoio, achéganse aos diferentes dispositivos de saúde da nosa comunidade autónoma para realizar accións de información, formación e sensibilización aos profesionais sanitarios.

 

MÁIS INFORMACIÓN


Nesta ligazón podes descargar o documento con toda a información do proxecto.