RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 202 a Xornada de formación práctica dixital (E-martes)
Organiza: Escola Galega de Administración Pública
Datos Xerais:
Categoría: xornada
Dirixido a: – O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Adminis tración autonómica galega, dos seus entes públicos instrumentais e da Administración ins titucional. Neste grupo de persoas destinatarias priorizarase a inscrición daqu
Presencial: si
Lectura fácil: non
Cando: Martes 24 de novembro de 2026. Horario: de mañá e tarde.
Enlace do curso: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20261116/AnuncioO150-101126-0001_gl.pdf
Descrición
O Universo EGAP Innova é un proxecto multidisciplinar e transversal da Escola Galega
de Administración Pública que se desenvolve co obxectivo principal de contribuír, a través
de novas prácticas formativas que implican a participación do alumnado, á autoxestión da
aprendizaxe e da identificación de novas oportunidades, á innovación e ao cambio nas
administracións públicas.
Ao abeiro desta iniciativa, os E-martes teñen como finalidade proporcionar formación
práctica presencial ao persoal empregado público da Administración autonómica galega
e á cidadanía nas transformacións tecnolóxicas, organizativas e lexislativas derivadas da
Administración electrónica.

