Xornada de saúde mental e discapacidade intelectual

Datos Xerais:

Categoría: Xornada

Organizador: FADEMGA Plena inclusión Galicia

Descrición

O vindeiro 2 de outubro, o Hospital Público da Mariña, en Burela, acollerá a Xornada sobre Saúde Mental e Discapacidade Intelectual, un espazo de encontro, formación e reflexión arredor da importancia de ofrecer apoios axeitados ás persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento que tamén presentan problemas de saúde mental.

A xornada permitirá compartir coñecementos, experiencias e boas prácticas entre profesionais, entidades e persoas vinculadas ao ámbito sanitario e social, co obxectivo de avanzar cara a unha atención máis coordinada, próxima e centrada na persoa. Nos vindeiros días iremos ampliando a información sobre o programa completo da xornada.

Xornada de saúde mental e discapacidade intelectual