Xornada autonómica de familias
Datos Xerais:
Categoría: Xornada
Organizador: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Descrición
O vindeiro 19 de setembro, Santiago de Compostela acollerá unha nova edición do Encontro Autonómico de Familias de FADEMGA Plena inclusión Galicia, unha xornada pensada para compartir experiencias, resolver dúbidas e seguir construíndo apoios útiles para as familias das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.
Nesta edición, o encontro estará centrado na toma de decisións informadas, ofrecendo ferramentas e orientacións que axuden ás familias a acompañar con máis seguridade, respecto e autonomía os proxectos de vida das súas persoas achegadas.
Durante a xornada coñeceremos tamén experiencias e aprendizaxes dende o Servizo Xurídico de FADEMGA, que achegará claves prácticas arredor de cuestións legais que afectan ás familias no seu día a día.
Outro dos espazos destacados será “Cando falar non é doado: ferramentas de comunicación con familias”, no que Juan Carlos Morcillo, psicólogo e terapeuta familiar, nos axudará a reflexionar sobre como afrontar conversas complexas, mellorar a comunicación e fortalecer os vínculos familiares.

