Encontro Autonómico de Mulleres con Discapacidade Intelectual
Datos Xerais:
Categoría: Xornada
Organizador: FADEMGA Plena inclusión Galicia
Descrición
No mes de setembro celebraremos unha nova edición do Encontro Autonómico de Mulleres con Discapacidade Intelectual, un espazo para compartir experiencias, fortalecer redes e seguir avanzando na participación e no liderado das mulleres con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.
Nos vindeiros días iremos informando da data concreta, do lugar de celebración e do programa completo da xornada.
Un encontro para escoitar as súas voces, recoñecer os seus dereitos e construír, dende a participación, unha sociedade máis igualitaria.

