Biblioteca

Enche este formulario e solicita o teu exemplar!

Nome Descripción Categoría Exemplares

O escarabello de ouro/El escarabajo de oro

Un amigo de William Legrand e de Xúpiter, o seu criado, nárranos a súa participación nunha aventura para resolver un misterio moi complicado. Trátase de descifrar un pergamiño escrito en clave, achado casualmente nunha praia, que contén as instrucións para desenterrar o tesouro dun antigo pirata.

Clásicos

7

O club dos raros/El club de los raros

Hugo é tartamudo e Bernardo é disléxico, confunde as letras e os números. Os 2 amigos deciden formar un club para defenderse dos que rin deles. Aos poucos, vanse unindo máis compañeiros ao Club dos Raros.

Infantil

1

O amor é demasiado complicado / El amor es demasiado complicado

Cando o amor chega rómpenos en dous. Róubanos o soño. Pero, a cambio, dános toda a alegría do mundo, a esperanza e unha forza infinita. Así de sinxelo. Así de complicado. Por iso este libro e estas historias de amor. Breves historias de amor.

Xuvenil

6

Cores Prohibidas / Colores prohibidos

Saíra do meu país porque a miña filla era dunha cor prohibida en Senegal, e chegara a un lugar no que tanto a súa pel como a miña eran diferentes ás demais. Só me quedaba confiar en que neste país non houbese cores prohibidas.

Xuvenil

9

Ana das Tellas Verdes / Ana de las Tejas Verdes

Ana Shirley é unha nena soñadora e alegre, coa imaxinación máis desbordante que pode existir. Cando, por erro, acaba vivindo cos irmáns Cuthbert, a súa vida dá un xiro inesperado… e comezan as súas aventuras.

Infantil

8

A illa do doutor Moreau / La isla del doctor Moreau

O doutor Moreau vive nunha illa perdida e permite que Edward Prendick, que naufragou, se aloxe nela. Pronto, Prendick descubre que pasan cousas estrañas: o doutor Moreau experimenta con animais, intentando que se comporten como humanos.

Ciencia ficción

8

O Quixote/ El Quijote

O Quixote é considerada por moitos a primeira novela moderna e cóntase entre as principais obras da literatura universal. Explica a historia de Alonso Quijano, un fidalgo que se volve tolo ao ler demasiados libros de cabalerías. Se queres a guía didáctica deste libro, pódela pedir á editorial.

Clásicos

1

Primeiro Anterior Páxina 3 de 3