Familias

Listen to this page using ReadSpeaker

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia continuamos un ano máis co Servizo Xurídico, orientado a informar e aconsellar ás persoas con discapacidade intelectual e as súas familias nas dúbidas de carácter legal e xurídico que podan ter en temas como as tutelas, as herdanzas, o patrimonio protexido, dereito ao voto etc.

Dentro deste servizo, a federación ofrece dúas modalidades: 

a) As charlas xurídicas: Coas charlas xurídicas pretendemos achegar temas xurídicos de relevancia dun xeito ameno e próximo ás persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e ás súas familias


b) As consultas individuais: estas consultas están pensadas para resolver dúbidas persoais tanto das propias persoas con discapacidade intelectual como das súas familias.

Información xeral sobre o Servizo Xurídico

Solicitude de charlas xurídicas

Solicitude de consultas individuais

 

** NOVIDADES NO SERVIZO

- Nas consultas xurídicas, a avogada poderá atender as consultas presencialmente ou a través de video-chamada de WhatsApp.

- Nas charlas xurídicas a persoa encargada de impartir a charla será a avogada do noso Servizo Xurídico. Ofrecemos 2 posibilidades:

      1) Charla presencial, que terá lugar no espazo que facilite a asociación. Pasaremos un listado de asistencia e un cuestionario de avaliación.

      2) Charla online, a través da plataforma zoom. Enviaremos un enlace por correo electrónico para que as persoas interesadas poidan conectarse.