Os Grupos de Autoxestores son grupos formados por homes e mulleres, adultos, con discapacidade intelectual, que se reúnen periodicamente para:
- Acadar maior autonomía persoal e social.
- Adquirir habilidades de comunicación.
- Aumentar as súas posibilidades de falar e de decidir por si mesmas.
- Aprender a tomar decisións na súa vida cotiá.
- Poder participar na vida asociativa.
A misión do programa consiste en “promover a autoxestión e a autodeterminación das persoas con discapacidade intelectual das nosas organizacións”.
OBXECTIVOS DOS GRUPOS DE AUTOXESTORES E AUTOXESTORAS:
- Dotar aos membros do grupo, de habilidades básicas de comunicación e funcionamento do grupo (escoitar aos outros, defender o seu punto de vista e tamén aceptar opinións distintas das propias, respectar a quenda de palabra, etc.).
- Promover a participación dos membros do grupo na vida asociativa e no seu entorno social.
- Facilitar aos membros do grupo a aprendizaxe da autoderminación e a defensa de dereitos na súa vida cotiá.
- Aumentar as oportunidades de tomar decisións por si mesmos.
- Incrementar as posibilidades de autoxestión dos membros do grupo. En definitiva, trátase de que as persoas con discapacidade intelectual conten cun espazo onde se lles escoite e se lles teña en conta á hora de tomar decisións nas nosas organizacións e nos seus entornos naturais (a familia e a comunidade).
Os gupos de autoxestores das entidades forman parte da "Rede de Grupos de Autoxestores de FADEMGA Plena inclusión Galicia", que se reúne periódicamente para realizar actividades e promover iniciativas conxuntas, así como para a organización do "Encontro de Autoxestores de Galicia", que se celebra cada ano no mes de novembro.
Todas aquelas entidades interesadas en poñer en marcha o voso grupo de autoxestores podedes contactar con FADEMGA na seguinte dirección (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.), onde vos informaremos e asesoraremos sobre o proceso.