Nesta área levamos a cabo programas de atención directa para persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento co fin de facilitarlles o apoio e as ferramentas que precisan para mellorar aqueles aspectos nos que poden ter carencias ou máis necesidades de apoio.
Nalgúns casos estes apoios proporciónanse de maneira individualizada, mentres que noutros, os apoios proporciónanse a un grupo de persoas con características/necesidades especiais e en espazos comúns.
Nalgúns casos estes apoios proporciónanse de maneira individualizada, mentres que noutros, os apoios proporciónanse a un grupo de persoas con características/necesidades especiais e en espazos comúns.
Igualmente, algúns dos programas englobados dentro da Área Social prestan apoios puntuais ás entidades, para que podan impulsar e implantar un determinado servizo de atención ás persoas con discapacidade intelectual. Tras este apoio puntual a Federación retírase para que a entidade asuma as accións e intervencións como propias.
VERSIÓN EN LECTURA FÁCIL |
A área social de Fademga
axuda ás persoas con discapacidade intelectual
naqueles aspectos da súa vida
nos que necesitan máis apoios.
Pode ser unha atención individual
cando se trata dun apoio que soamente precisa unha persoa
ou pode ser unha atención grupal
onde varias persoas precisan o mesmo tipo de apoios.
A área social tamén axuda ás entidades
a crear novos apoios na súa contorna
para apoiar aos seus usuarios.
A área social está formada polos seguintes programas:
- Cidadanía activa
- Envellecemento activo
- Exclusión
- Accesibilidade
- Muller
- Saúde mental
- Reclusos e exreclusos
- Vacacións
- Pilotaxes