Aberto o prazo de inscrición no Encontro de Familias de 2024

Este ano o lema do encontro será "A familia no centro"

Aberto o prazo de inscrición no Encontro de Familias de 2024

Como cada ano por estas datas chega o momento das reunións e dos encontros, e non podía faltar a esta cita o noso Encontro de Familias!

Dende hoxe tedes dispoñible a ligazón para realizar a vosa inscrición así como o programa con todas as indicacións para participar. 

Baixo o lema "A familia no centro", reunirémonos un ano máis para compartir experiencias, adquirir coñecementos e fortalecer os lazos de apoio mutuo. O encontro contará con relatorios especializados sobre o enfoque centrado na familia, un modelo que promove o benestar e a inclusión das familias, recoñecendo o seu papel crave no desenvolvemento e benestar dos seus seres queridos. A través destes relatorios, exploraremos como as entidades poden ofrecer apoios máis efectivos desde este enfoque e como as familias poden beneficiarse de servizos centrados nas súas necesidades.

Ademais, durante o evento trataranse temas cruciais como as necesidades e os apoios que requiren as familias, así como a súa participación nos diferentes espazos da vida social e asociativa. Unha oportunidade única para aprender de persoas expertas, compartir con outras familias e descubrir novas formas de afrontar os retos cotiáns desde unha perspectiva máis inclusiva e próxima.

Non perdas a oportunidade de formar parte deste importante espazo de encontro e reflexión!

As inscricións xa están abertas, e o aforo é limitado, así que animámosche a reservar praza canto antes.

Nesta ligazón podes ampliar toda a información ao respecto, tanto do propio encontro como do servizo de respiro familiar que poñemos a disposición das familias participantes. 

Para máis información podes chamarnos ao 981 51 96 50 ou escribir a familias@fademga.org

ESPERÁMOSVOS!

Fai un comentario

PROTECCIÓN DE DATOS: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD e LOPDGDD 3/2018. FADEMGA PLENA INCLUSIÓN GALICIA (FEDERACIÓN GALEGA DE ASOCIACIÓNS EN FAVOR DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL OU DO DESENVOLVEMENTO), como responsable do tratamento, tratará os seus datos para promocionar a súa actividade e avaliar a calidade dos seus servizos. Poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación e supresión dos datos, entre outros, tal e como se explica na información adicional que está á súa disposición no apartado de Política de Privacidade.