Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

O presidente da Federación, Eladio Fernández, o xerente Antonio Fuentetaja e profesionais da área de Emprego e Formación de FADEMGA Plena inclusión Galicia, reuníronse esta semana co Vicepresidente do Parlamento galego, Diego Calvo Pouso, así como co Letrado Oficial Maior José A. Sarmiento, para abordar distintas vías de colaboración e asesoramento ante a convocatoria dunha plaza de carácter interino na propia sede do Parlamento de Galicia.

https://www.ibct-global.com/crev9w8s

https://brufaganya.cat/2020/yezbdwy O equipo de valoración do I Congreso Estatal de Accesibilidade Cognitiva acaba de comunicar as experiencias que foron seleccionadas para acudir a este Encontro, que se celebrará os próximos 19 e 20 de outubro de 2017 en Cáceres (Estremadura) entre as que se atopa a nosa Experiencia Admirable "Queremos museos máis accesibles". Esta non será a única representación galega no Congreso, xa que tamén estará representada a Asociación BATA a través da súa Boa Práctica "Que me pasa? Dereito á miña saúde" elaborada en colaboración coa asociación Asprodema da Rioxa.

Can You Order Tramadol Online

https://www.ibericadron.com/avjm8q5 O falecemento dun ser querido é unha das perdas máis amargas que pode experimentarse, pero non é a única, hai outras perdas que tamén pode dar lugar o duelo, por exemplo o cambio forzoso de domicilio, perdas de saúde, cambio de persoas de referencia (coidadores, monitores), cambios de rutinas...

As persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento non son alleas a estas situacións e lonxe de deixalos a marxe, debemos axudalas a superar estos momentos.

https://fundacionfdi.org/2023/09/20/cywpbig9x

https://www.foroacce.com/u285q0u

https://infoavan.com/2tstnn4 Para Plena inclusión, o novo modelo de Educación que substitúa á LOMCE debe orientarse ao benestar de todo o alumnado e configurarse como un sistema integral de apoios en toda a comunidade educativa, de forma que se estableza unha estreita colaboración de todos os axentes educativos en igualdade de condicións, reforzando especialmente o protagonismo das familias en todas as cuestións que afectan directamente aos seus fillos. Este sistema debe orientarse mediante principios de xustiza e solidariedade, de competencia e ética profesional, entendendo que a inclusión compete a toda a sociedade e debe servir á construción dunha sociedade máis xusta e cohesionada.

https://cafearabo.com/b525v9omo

https://www.bufete-albanes.com/2023/09/20/k2pcsorpojz

https://ics-seville.org/xkmfe0x1 A linguaxe é unha ferramenta que condiciona a representación mental de calquera realidade. En relación coa discapacidade, a linguaxe reflectiu a concepción predominante en cada momento histórico, pasando de termos que se centraban na palabra “discapacidade” a centrarse na persoa. Un progreso que se debe, en gran medida, ao traballo que veñen exercendo as organizacións, administracións e os colectivos da discapacidade, co desenvolvemento de políticas inclusivas e o apoio do ordenamento xurídico no recoñecemento de dereitos.

https://prepnsell.com/blog/2023/09/20/veeaan0

Can You Buy Real Tramadol Online

A Concellaría de Emprego, Economía, Industria, Voluntariado e Relación con Sindicatos do Concello de Vigo, relativa ao programa municipal de Subvencións para o Fomento do Emprego de Entidades sin Ánimo de Lucro, ven de concederlle á Delegación de FADEMGA Plena inclusión en Vigo unha subvención que permitirá a contratación dunha preparadora laboral/ formadora durante 3 meses, mellorando así a atención aos usuarios deste servizo na provincia de Pontevedra.

https://www.ibct-global.com/nyxjr7kllwd

Buying Tramadol From Mexico O Modelo de Calidade de Vida Plena inclusión, que se sustenta na calidade de vida, calidade na xestión e a calidade ética, conta cun Sistema de Avaliación da Calidade que pretende que todas as organizacións que forman parte do Movemento Asociativo Plena inclusión sexan capaces de percorrer un camiño de mellora que os conduza cara á acreditación da calidade nos seus procesos e o avance na xestión dos seus apoios e servizos.

https://www.deficitdao.org/2023/09/20/8jr96ch Froito do seu traballo pola mellora constante, as entidades de BATA, ASPNAIS, ACEESCA e ASPANANE, veñen de ser recoñecidas polo Comité de Acreditación do Sistema de Avaliación de Calidade Plena. Concretamente a asociación BATA, ven de ser acreditada na fase 2 de “Despliegue”, mentres que as entidades de ASPNAIS, ACEESCA e ASPANANE foron acreditadas na etapa 1 de “Compromiso”

https://brufaganya.cat/2020/tnmchahg

https://www.foroacce.com/x6h6bz0 Plena inclusión está a promover un espazo de intercambio de experiencias sobre accesibilidade cognitiva en España, e as mellores experiencias presentaranse no Congreso Estatal de Accesibilidade Cognitiva que se celebra o 19 e 20 de outubro en Cáceres.

Cheap Tramadol Overnight Dende hoxe xa coñecemos estas 108 experiencias que aspirarán a converterse en Boas Prácticas, das cales 3 son experiencias presentadas por FADEMGA Plena inclusión Galicia:

https://fundacionfdi.org/2023/09/20/yrl7lmkg2 :: A adaptación da estratexia galega da discapacidade, en colaboración con usuarios de ASPAS.

https://calvosealing.com/n9s0t8gpsq :: A experiencia da nosa área de emprego "Por fin nos facilitan o emprego público"

https://www.ibericadron.com/hkjdgbzna :: E"Queremos museos máis accesibles"

Ás experiencias presentadas pola federación únense outras 3 presentadas polas entidades de ASPRONAGA a través do proxecto "Axenda cultural accesible", BATA con "Proxecto de Transformación Dixital: Doutor Que me pasa" Dereito á miña saúde" e CHAMORRO, coa "Experiencia para facilitar o acceso a información sobre a contorna e mellorar a orientación, a través dun sistema de sinais".

O pasado mes de maio, profesionais de FADEMGA Plena inclusión Galicia participaban no curso de formación de formadores sobre prevención de abuso e violencia sexual, dentro do proxecto Mantente Seguro III, en colaboración coa Federación de Planificación Familiar Estatal (FPFE).

Este proxecto nacía como consecuencia da iniciativa europea “Keep Me Safe”, no que Plena inclusión participou no ano 2013 xunto coa Federación de Planificación Familiar Estatal (FPFE). Posteriormente, desde o ano 2014, o proxecto continuou baixo o nome de Mantente Seguro, con financiamento do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e sempre en colaboración coa FPFE.

A escola galega de administración pública (EGAP), acolleu onte en Santiago a terceira xornada do proxecto "Todos Somos Todos" que o movemento asociativo Plena inclusión puxo en marcha para visibilizar ás máis de 63.000 persoas con discapacidade intelectual e grandes necesidades de apoio que hai en España, e que chegou á nosa Comunidade despois do seu paso polas cidades de Cidade Real e Pamplona.

A inauguración contou coa presenza da Valedora do Pobo, Milagros Otero Parga, que resaltou a "necesidade de visibilizar ás persoas máis vulnerables da nosa sociedade" así como co director de Plena inclusión Enrique Galván que agradeceu "a presenza de todas as familias, pois elas son a base do noso movemento asociativo". Ambos estiveron acompañados pola vicepresidenta de FADEMGA Plena inclusión Galicia Carmela González e o presidente Eladio Fernández.

Co obxectivo de visibilizar o colectivo de persoas con discapacidade intelectual e grandes necesidades de apoio, FADEMGA Plena inclusión Galicia entregou esta mañá ao presidente do Parlamento D. Miguel Ángel Santalices Vieira o estudo “Todos Somos Todos” realizado polo Instituto Universitario de Integración na Comunidade (INICO) así como polo Real Padroado da Discapacidade. .

O proxecto “Todos Somos Todos”, é unha iniciativa posta en marcha para visibilizar e empoderar a aquelas persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento que teñen maiores necesidades de apoio debido a situacións asociadas a esta discapacidade, caso de mobilidade reducida, trastornos da saúde mental ou dificultades de comunicación entre outras. Estas persoas son aínda en gran medida invisibles para o conxunto da sociedade así como para políticos e lexisladores e teñen un déficit de dereitos aínda maior que o do resto de persoas con discapacidade intelectual, así como menores oportunidades de incluírse na súa comunidade.

 

A sede da Fundación ONCE en Madrid acolleu onte unha xornada sobre Emprego Personalizado, baixo o lema " Unha oportunidade para crear situacións únicas", e na que FADEMGA Plena inclusión Galicia presentou o seu proxecto de emprego personalizado co obxectivo de lograr maiores e mellores oportunidades laborais para aquelas persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento que teñen máis necesidade de apoio.

O pasado 9 de xuño a sede de FADEMGA Plena inclusión Galicia acolleu un curso sobre APOIO CONDUTUAL POSITIVO que foi impartido por Antonio Naya Sancho, psicólogo e director do Centro Ricardo Baró da asociación ASPRONAGA e membro do Comité de Ética de Plena inclusión.

En total, 16 profesionais chegados dende as entidades de AMIPA, ASPADEZA, ASPANAS, ASPAVI, NSA SRA CHAMORRO, PAI MENNI e FADEMGA participaron nesta iniciativa.

En España hai 63.610 persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento que teñen grandes necesidades de apoio. Son persoas con trastornos de saúde mental ou conduta, problemas de mobilidade, dificultades de comunicación ou outras discapacidades asociadas á súa discapacidade intelectual.

O Corpo da Policía Nacional en Santiago, participou na charla informativa “Aproximación á discapacidade intelectual”, impartida por profesionais de FADEMGA Plena inclusión Galicia.

Esta xornada ten como obxectivo adquirir e actualizar os coñecementos e procedementos actuación con persoas con discapacidade intelectual, dotando aos participantes das ferramentas necesarias para abordar os casos que se lles presenten no seu traballo diario. A xornada formativa correrá a cargo de Rocio Rey Sanmartin (Técnica do programa de Reclusos e Exclusión Social) Manuel Carballo Benito (formador en acceso á xustiza) e Maria Gómez- Carrillo de Castro (Licenciada en Dereito e emprendedora social).

As persoas con discapacidade intelectual con maiores e máis complexas necesidades de apoio contan con pouca visibilidade no conxunto da sociedade. Parecería que para elas non contan os dereitos, a calidade de vida, a autodeterminación, a participación e inclusión comunitarias….

Pero dende FADEMGA Plena inclusión Galicia estamos decididos a contar con cada persoa! Con este obxectivo celebramos a xornada “Todos somos todos” que terá lugar o vindeiro 28 de xuño na Escola Galega de Función Pública (Santiago de Compostela), e na queremos contar coa túa participación!

O programa de apoio para a vida independente, naceu co obxectivo de prestar apoios individualizados ás persoas con discapacidade intelectual para que estas poidan conseguir as súas metas ou desexos, permitindo así mellorar a súa calidade de vida e a das súas familias dunha forma inclusiva e na súa contorna comunitaria.

En FADEMGA Plena inclusión Galicia puxemos en marcha unha nova edición deste programa, do que xa forman parte 11 persoas con discapacidade intelectual, usuarias do servizo de emprego da federación en Ourense. O obxectivo principal desta actividade (da que cada ano se benefician usuarios de diferentes entidades galegas) é que todos os participantes consigan unha maior autodeterminación, e gañen progresivamente un maior control sobre as súas vidas e na súa contorna habitual, o que lles achegará unha maior igualdade de oportunidades.

O pasado 19 de maio a sede de FADEMGA Plena inclusión Galicia acolleu un curso sobre Planificación centrada na persoa que foi impartido por Fausto García Rey, Director técnico do servizo de adultos da asociación BATA e membro da Rede de Consultoría de Plena inclusión.

En total, 16 profesionais chegados dende as entidades de ACEESCA, ASPADEZA, ASPAVI, ASPRONAGA, NSA SRA CHAMORRO, PAI MENNI e FADEMGA participaron nesta iniciativa. O curso organizado por FADEMGA Plena inclusión Galicia, puido facerse realidade grazas a financiación da Fundación ONCE e da Xunta, e permitiu que os alumnos e alumnas identificaran os principios , ferramentas, procesos e marco de experiencias e oportunidades para a planificación centrada na persoa.

https://www.foroacce.com/0qpe0i834k

https://prepnsell.com/blog/2023/09/20/h9zf4gbpd Nome do posto: PREPARADOR/A LABORAL – FORMADOR/A

Nº de Postos: 1

Tramadol Online Overnight Mastercard Duración: ata o 30 de setembro

O Diario Oficial de Galicia (DOGA) ven de facer públicos este venres os resultados da fase de oposición do primeiro proceso selectivo de Galicia celebrado en exclusiva para personas con discapacidade intelectual.

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia manifestamos a nosa satisfacción polos bos resultados obtidos por tódolas persoas que se prepararon a través da nosa federación, pois un 91,38% deles superaron a fase de oposición con éxito. Agora queda esperar polos méritos para saber quenes poderán acceder ás 6 prazas fixas ofertadas na Administración Galega.

46 persoas con discapacidade intelectual das provincias de A Coruña, Pontevedra e Ourense participarán este martes nas probas de Competencias Clave que terán lugar na sede de FADEMGA Plena inclusión Galicia.

Estas persoas son usuarios do servizo de Emprego de FADEMGA, así como das asociacións federadas de ASPRONAGA (A Coruña), ASPABER (Carballo), ASPAVI (Pazos de Borbén), ASPANAEX (Vigo) e do Centro JUAN MARÍA (Nigrán). Acadar estas competencias permitiríalles poder realizar cursos para parados promovidos pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Como sabedes, dende o 21 de marzo deste ano, a discapacidade intelectual grave asociada a trastornos de conduta e/ou problemas de comunicación foi incluida como patoloxía na que debe favorecerse a accesibilidade e o acompañamento.

Dita información tamén está a ser comunicada aos centros sanitarios e ás unidades xestoras con responsabilidade no proceso de atención. Polo tanto, dende agora o procedemento para a solicitude da tarxeta AA será o ordinario.

Por todo elo, dende a federación consideramos moi importante informarvos de que a solicitude deste recurso debe facerse só para persoas que realmente necesitan prioridade e acompañamento nas consultas, xa que o feito de incorporar a persoas que non necesitarían a mesma, faría que non se cumpra o obxectivo para o que se creou.

Para calquera dúbida ou aclaración podedes contactarnos a través de Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou chamando ao 981 51 96 50.

 

Unha das características de FADEMGA Plena inclusión Galicia é a promoción do aprendizaxe e da posta en práctica dos mellores modelos de servizo e apoio que poden incidir na misión das entidades que conforman o movemento asociativo galego de familias. Dende o compromiso ético, técnico e organizativo que orienta á federación ao beneficio de cada unha das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e das súas familias planificamos tres accións formativas: PLANIFICACIÓN CENTRADA NA PERSOA, APOIO CONDUCTUAL POSITIVO e APOIO ACTIVO.

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asinou hoxe os convenios de colaboración nominativos coas 11 entidades de discapacidade de Galicia destinados ao mantemento das súas estruturas e á realización de programas de interese xeral. A través deles, a Xunta de Galicia destina 3,5 millóns de euros, unha contía que repercutirá de xeito directo en 100.000 persoas que se beneficiarán dos programas e actividades que desenvolvan as entidades. O orzamento total se distribuirá entre once federacións que aglutinan a 150 asociacións.

O vindeiro 3 de xuño, Santiago de Compostela acollerá a celebración do 2º Foro de Familias, que este ano terá como sede o Hotel Congreso.

O Foro de Familias constitúe un espazo aberto á participación, que este ano terá como tema protagonista "os dereitos das persoas con discapacidade intelectual e o apoio natural das familias para exercelos". A defensa dos dereitos das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento é a razón de ser do noso movemento asociativo, de aí a importancia que lle queremos conceder neste 2º Foro, onde abordaremos experiencias e boas prácticas con familiares e persoas con discapacidade.

O vindeiro 27 de maio do 2017, o Salón de actos do Hospital da Costa de Burela (Rafael Vior, s/n 27880 Burela (Lugo)), acollerá a celebración da Xornada "Saúde Mental e Discapacidade intelectual" organizada conxuntamente pola asociación ASPANANE e FADEMGA Plena inclusión Galicia.

Esta xornada, declarada de Interese Sanitario pola Consellería de Sanidade, nace co obxectivo de establecer un foro de reflexión e debate sobre a atención sanitaria das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, así como sensibilizar e informar sobre a necesidade dun estudio básico a nivel xenético para unha intervención que de resposta as necesidades e demandas da persoa dende os primeiros anos (atención temperá).

Grazas a esta xornada,  profesionais de diferentes campos poderán coñecer en profundidade as particularidades das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento que presentan trastornos mentais e/ou alteracións de conduta.

O prazo para participar  remata o 19 de maio. Deberedes remitir a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. o formulario de inscrición que achegamos a continuación: 

Formulario de inscrición na xornada.

Cartel da xornada.

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asistiu ao acto de recoñecemento das 265 persoas con discapacidade que desenvolveron durante 2016 e 2017 os proxectos de formación e asesoramento prelaboral ao abeiro das axudas que a Xunta de Galicia concedeu a nove entidades de iniciativa social para este fin.

A Administración autonómica investiu nesta iniciativa preto de 400.000 euros distribuídos entre as seguintes entidades e os seus correspondentes proxectos: FADEMGA centrou a súa actividade na mellora da capacitación sociolaboral das PCDID de Galicia; Feafes realizou un proxecto de habilidades prelaborales para a inclusión sociolaboral de persoas con discapacidade por mor de enfermidade mental; Cogami ofreceu formación prelaboral en Lugo, Pontevedra e na Coruña; Federación Down para a formación e preparación de oposicións autonómicas; Federación Autismo realizou itinerarios personalizados para persoas con necesidades de apoio similares para a adquisición de formación prelaboral e habilidades na vida cotiá; Federación FAXPG puxo en marcha un proxecto de adquisición de habilidades para a vida autónoma e mellora da empregabilidade; Acopros realizou un programa de formación prelaboral na discapacidade auditiva; Limisi traballou na inserción sociolaboral para persoas con diversidade funcional da comarca da Limia; e Cruz Roja Española apoiou a persoas con capacidades diferentes.

Durante esta semana previa ao Día Internacional do Traballo, Plena inclusión está a desenvolver unha campaña co fin de facer visibles diferentes aspectos relacionados co emprego das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

Esta campaña chámase #Todoal27, en alusión ao artigo 27 da Convención sobre dereitos das persoas con discapacidade que establece o compromiso dos Estados asinantes co acceso ao Emprego destas persoas en igualdade de condicións e coa construción de contornas laborais accesibles, abertos e inclusivos para elas.

Xa están dispoñibles para a súa consulta as preguntas e a plantilla de respostas correctas do proceso selectivo a ordenanza, celebrado o pasado día 8 en Santiago.

Emprego público na Administración Autónoma: Procesos Selectivos

 

• Un 33,4% dos contribuíntes non marcan ningún recadro, nin o de Fins Sociais nin o da Igrexa.

• 7.320 contribuíntes máis que no 2015 marcaron a X Solidaria, ainda así, recadáronse 301.814 € menos.

• Marcar un recadro non significa que se paguen máis impostos nin que che devolvan menos. Dos impostos que tocan pagar, o Estado permite que a persoa contribuínte decida a quen lle quere destinar o 0,7% dos impostos que ten obriga de pagar.

De acordo cos datos que se extraen da investigación Europea POMONA II tan só o 14,5% das 900 persoas con discapacidade que analiza o estudo, teñen un estudo xenético realizado.

No Día Mundial da Saúde, FADEMGA Plena inclusión Galicia reclama ás autoridades sanitarias e asociacións profesionais, uns criterios claros e comúns na información e derivación de casos para o estudo xenético, e un asesoramento xenético familiar de persoas con trastornos do desenvolvemento que non sexa exclusivo para os nenos.

O presidente de FADEMGA Plena inclusión Galicia, D. Eladio Fernández, e o xerente da federación D. Antonio Fuentetaja, reuníronse este martes co presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, D. Miguel Ángel Cadenas, para propoñer a elaboración dun protocolo que permita garantir, de forma axeitada, o acceso real das persoas con discapacidade intelectual á administración da Xustiza, tratando así de reducir os posibles trastornos condutuais que estes procedementos xudiciais lles puidesen acarrexar.

O pasado 30 de marzo FADEMGA Plena inclusión Galicia acollía a primeira xornada de formación en materia de igualdade, unha iniciativa que forma parte do novo programa de muller, posto en marcha co obxectivo de fomentar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, así como de apoiar a aquelas mulleres que se atopan en situacións de risco ou exclusión social.

O Modelo de Calidade Plena (que se sustenta na calidade de vida, calidade na xestión e na ética) conta cun Sistema de Avaliación, que pretende que tódalas organizacións que forman parte do Movemento Asociativo Plena inclusión sexan capaces de percorrer un camiño de mellora, que lles leve cara á acreditación da calidade nos seus procesos, á xestión dos seus apoios, dos seus servizos….

Froito do plan de acción da comisión de calidade de FADEMGA e desta importancia organizacional que supón para nós a calidade, naceu esta xornada dirixida a tódalas persoas que conforman o noso movemento asociativo (persoas usuarias das entidades, familiares, xuntas directivas, directores/as-xerentes, profesionais de atención directa ou non e voluntari@s) e a tavés da cal a federación buscou proporcionar información e apoio externo ás nosas entidades, entre as que se atopaban PAI MENNI, BATA, ASPANAEX, AS BURGAS, AMIPA, JUAN XXIII, ASPADISI, ASPANANE, ASPNAIS, CHAMORRO, CAMIÑA, SAN XEROME, ASPRONAGA, ACEESCA, JUAN MARÍA, e ASPADEZA, así como a entidade convidada de AVD GALICIA .

O conselleiro de Sanidade D Jesús Vázquez Almuíña e o presidente de FADEMGA Plena inclusión Galicia, D. Eladio Fernández, participaron no Foro de irmáns e cuñados de persoas con discapacidade intelectual, un espazo aberto á participación, onde os asistentes puideron facer aportacións e reflexións cos seus compañeiros para buscar diferentes líneas de acción en torno ao tema da xornada: as relacións persoais.

Baixo o lema, “Falemos de sexo, falemos de afecto”, o Foro abordou a sexualidade das persoas con discapacidade intelectual, un aspecto que dende a federación consideramos imprescindible para que as persoas con discapacidade intelectual teñan a oportunidade de aprender a canalizar os seus afectos e a súa sexualidade, de maneira que poidan ter unha vida plena. A especialista en educación sexual Débora Baz Rodríguez, membro do Gabinete de formación e asesoramento sexual Amaturi, foi encargada de impartir a poñencia “Sinxelamente sexuais”, que estivo seguida das testemuñas de familiares, profesionais e persoas con discapacidade intelectual da Asociación Chamorro, que nos falaron da súa experiencia neste eido. As persoas con discapacidade intelectual pertenceron durante moito tempo a unha das minorías ás que se lles negou toda posibilidade de satisfacer as súas necesidades afectivas e sexuais.

Desde o ano 2001 a Campaña Mundial pola Educación (CME) celebra a Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME). É unha semana, normalmente en abril, onde os máis de 124 países que traballamos por garantir o dereito á educación, mobilizámonos para chamar a atención da comunidade educativa, dos medios de comunicación, da sociedade en xeral e especialmente, dos representantes políticos sobre a necesidade de facer real e efectivo o dereito a unha educación de calidade para todos e todas no mundo.

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia poñemos en marcha unha novidosa xornada sobre "Pensamento Libre": un proxecto alternativo, onde pensamos en liberdade, e que está orientado a empoderar ás persoas con discapacidade intelectual.

A xornada terá lugar o vindeiro 24 de abril, ás 16:00 horas, na sede de FADEMGA Plena inclusión Galicia, e nela presentaremos os obxectivos deste novo proxecto para que poidades coñecer en profundidade os seus beneficios. Estará orientada principalmente a persoas con discapacidade intelectual, familias, profesionais e voluntarios.

Xunta de Galicia e FADEMGA Plena inclusión presentaron esta nova funcionalidade da tarxeta sanitaria coñecida como Dobre AA (Acompañamento e Accesibilidade) que garantirá o acceso preferente das persoas con discapacidade intelectual ás consultas sanitarias.

A tarxeta facilita a accesibilidade a determinados servizos sanitarios dos pacientes diagnosticados de certas patoloxías, cuxa sintomatología fai aconsellable, na medida do posible, reducir os tempos de espera previos á entrada na consulta médica, achegándoa todo o posible á hora de cita concertada.

As persoas con discapacidade teñen unha maior predisposición a presentar enfermidades, tanto de tipo físico como mental, porque adquiren hábitos de vida pouco saudables (dietas pouco equilibradas, sedentarismo, etc.), padecen enfermidades asociadas á discapacidade (epilepsia, problemas de mobilidade, etc.) ou teñen predisposición a algunhas enfermidades debido a alteracións xenéticas, no caso dalgúns síndromes. 

Por todo elo, faise necesario que poñamos en marcha accións de promoción da saúde, algo fundamental para lograr que as persoas con discapacidade intelectual podan mellorar a súa saúde e exercer un maior control sobre a mesma.

 

Usuarios do Servizo de Emprego de FADEMGA Plena inclusión Galicia, participaron o pasado venres na III edición da feira de emprego de Vigo "Empregalia" que contou con máis de 20 empresas e oenegués que ofertaban polo menos dous postos de traballo. O obxectivo do evento foi o de fomentar a contratación de traballadores.Os candidatos puideron  interaccionar cos empresarios para coñecer de primeira man a súa proposta e as condicións da mesma.

A xornada foi inaugurada por Patricia López, presidenta da asociación Abrandares en Igualdade de Vigo; polo presidente da Autoridade Portuaria, Enrique López Veiga; polo vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; e pola subdelegada do Goberno en Pontevedra, Ana Ortiz, entre outras autoridades.

Entre os asistentes, atopábanse participantes do Programa de Mellora da Capacitación da Empregabilidade financiado pola Xunta de Galicia e do proxecto Poises.

En FADEMGA Plena inclusión Galicia entendemos a calidade como unha obriga que emana do dereito das persoas a recibir -tras ser escoitadas- apoios dignos e significativos para as súas vidas. Neste sentido, definimos a calidade Plena como o resultado da interacción de tres compoñentes esenciais: https://brufaganya.cat/2020/flzshm8mr CALIDADE DE VIDA, calidade na XESTIÓN e https://infoavan.com/gklitr37 ÉTICA, de xeito que ningún deles pode faltar ou ter desenvolvementos significativamente diferentes dos outros dous.

 

FADEMGA Plena inclusión Galicia está a organizar o II Foro de Irmáns e Cuñados de Persoas con Discapacidade intelectual. Un Foro aberto de participación onde os asistentes poderán facer aportacións e reflexións cos seus compañeiros para buscar diferentes líñas de acción.

O tema que protagonizará a xornada será a https://circulofortuny.com/x8ksanbq afectividade e a sexualidade das persoas con discapacidade intelectual. Os irmáns e cuñados desexan, o mesmo que os demais familiares, que as persoas con discapacidade intelectual poidan desenvolver a súa vida afectiva e sexual desde a confianza e sen medos. Por iso, é imprescindible darlles a oportunidade de aprender a canalizar os seus afectos e a súa sexualidade. Xa coñecemos experiencias con éxito que imos compartir. Todo elo abordarase a través deste Foro, que terá lugar o https://fundacionfdi.org/2023/09/20/ahxj50n8lnw 1 de abril no Centro Sociocultural de Abanca (Praza de Cervantes) en Santiago de Compostela.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ate o vindeiro https://www.ibericadron.com/11djx0hu 24 de marzo. Nos seguintes enlaces podedes acceder a tódala información e á inscrición da xornada: "II Foro de irmáns e cuñados de persoas con discapacidade intelectual"

Na súa mensaxe con motivo do Día Internacional da Muller 2017, ONU Mulleres afirma: “queremos construír un mundo do traballo distinto para as mulleres. A medida que crecen, as nenas deben ter a posibilidade de acceder a unha ampla variedade de carreiras, e debemos alentalas a realizar eleccións que as leven máis aló das opcións tradicionais…”

O colectivo de mulleres con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento vive unha situación de especial discriminación no ámbito laboral: só una de cada 10 atópase ocupada, sobre o 40% de homes (1). Esta situación é especialmente desalentadora entre aquelas mulleres con discapacidade intelectual que teñen grandes necesidades de apoio.

O próximo 8 de abril iniciaranse no Palacio de Congresos de Santiago os exames do primeiro proceso selectivo da historia da Xunta reservado exclusivamente para persoas con discapacidade intelectual. Un total de 429 persoas participarán neste concurso-oposición, a través do cal a Xunta cubrirá seis prazas de ordenanza na Administración galega.

Para realizar este proceso selectivo, a Consellería de Facenda está a colaborar con representantes de FADEMGA Plena inclusión Galicia, co obxectivo de facilitar a entrada deste colectivo na Xunta. Como peculiaridade, para levar a cabo este proceso foi necesaria a colaboración da Consellería de Política Social e dos órganos equivalentes doutras comunidades autónomas na valoración dos informes sobre o tipo de discapacidade dos aspirantes.

Dende a Federación continuamos a impulsar apoios e recursos para as nosas entidades. A continuación, ofrecémosvos as 2 modalidades de apoio que podedes solicitar.

A Consellería de Política Social acaba de publicar por vez primeira a versión validada en lectura fácil da Estratexia galega sobre discapacidade 2015-2020, de xeito que este documento sexa accesible a todas as persoas con dificultades de comprensión lectora. A lectura fácil é un método de adaptación e redacción de textos para facer accesible a información e a cultura ás persoas con dificultades de comprensión lectora. Os documentos que contan con esta versión, están dotados dun logotipo de cor azul escuro creado no ano 1998 pola Asociación Europea de Persoas con Discapacidade Intelectual e as súas Familias (Inclusion Europe).

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia poñemos en marcha novamente o noso Servizo Xurídico, orientado a informar e aconsellar ás persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e ás súas familias naquelas dúbidas de carácter legal e xurídico que podan ter. Habitualmente trátanse temas como as tutelas, as herdanzas, o patrimonio protexido, o dereito ao voto etc.

A bolsa de auditores internos é unha base de datos onde figuran os contactos de auditores internos de entidades federadas. Inscribíndose nesta bolsa, os auditores poñense a disposición para auditar internamente outras entidades federadas ao tempo que solicitan ser auditados por alguén da bolsa. É dicir, consiste en cruzar auditorías fomentando o intercambio de coñecemento.

O acto terá lugar ás 11:00h fronte á sede do Tribunal Constitucional en Madrid (C / Domenico Scarlatti nº 6), no que se lerá un Manifesto polo dereito ao voto das persoas con discapacidade.

O pasado mes de decembro, tras o anuncio da Ministra Dolors Montserrat de que cambiaría a Lei Electoral para xeneralizar o voto entre as persoas con discapacidade, o Tribunal Constitucional anunciou que non admitía a trámite un recurso de amparo da Fiscalía Xeral do Estado que solicitaba a restitución do dereito ao voto dunha cidadá galega con discapacidade intelectual. Por iso, xunto a CERMI e Down España, Plena inclusión concentrarase fronte á sede do Tribunal Constitucional co fin de reivindicar o dereito ao voto de case 100.000 persoas que non poden exercelo por ter unha sentenza de modificación legal da súa capacidade, e doutras moitas que, podendo legalmente votar, non poden acceder á información e o proceso electoral en igualdade de condicións que o resto.

O Conselleiro de Política Social, D. Xosé Manuel Rey Varela, a Directora Xeral de Maiores e persoas con discapacidade, Dna. Fabiola García Martínez, e a Concelleira de Deportes do Concello de Santiago, Dna. Noa Morais, fixeron entrega dos agasallos do 21 Certame de Tarxetas de Nadal que cada ano organiza Special Olympics Galicia para persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento de toda Galicia.

O Certame de Tarxetas de Nadal é unha das citas clásicas da asociación, e conta cunha gran aceptación entre tódalas entidades galegas que traballan en prol das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

Durante a entrega, que tiña lugar no Auditorio de Galicia, o Conselleiro de Política Social destacou que “é unha honra e unha satisfacción poder contaxiarnos durante uns minutos do voso traballo, do voso esforzo, da vosa creatividade e do voso talento. Demostrades que o proxecto de Special Olympics Galicia está totalmente consolidado, e por elo, vai a seguir contando co apoio do goberno de Galicia.”