Nova subvención do Concello de Lugo a FADEMGA Plena inclusión Galicia
O Concello de Lugo vén de conceder á nosa Federación unha nova subvención pola contía de 2.000 euros, para continuar co desenvolvemento do noso Servizo de Información e Orientación Laboral (SIOL) e o Servizo de Apoios para o Emprego (SAE) para as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento na provincia de Lugo.
Grazas a estes apoios, FADEMGA Plena inclusión Galicia continuará a desenvolver estes servizos orientados á mellorar a empregabilidade do noso colectivo.
Autoxestores de toda Galicia celebran o Día da Discapacidade co seu Encontro Autonómico
A concelleira de Servizos Sociais do Concello de Santiago, Dona Concha Fernández, o Asesor de Programas educativos da Consellería de Educación D. Manuel Costa, e o presidente de FADEMGA Plena inclusión Galicia D. Eladio Fernández, inauguraron o 17 Encontro Autonómico de Autoxestores, onde 130 autoxestores e representantes da Comisión de Irmáns da Federación puideron compartir a celebración do Día Internacional da Discapacidade, que se conmemora cada ano o 3 de decembro.
Ler máis: Autoxestores de toda Galicia celebran o Día da Discapacidade co seu Encontro Autonómico
A patronal AEDIS presenta en Galicia o seu novo modelo de ocupación-emprego e formación dual
Representantes de 27 entidades da discapacidade intelectual galegas asistiron esta mañá a presentación do novo "Modelo de ocupación - emprego e formación dual da patronal AEDIS", unha metodoloxía que propón un cambio na visión do centro ocupacional, flexibilizando o paso do centro ao emprego mediante a formación dual (formación e práctica).
Participamos no encontro “Construimos Mundo” para falar sobre a participación social das persoas con discapacidade intelectual
Autoxestores das entidades Juan XXIII e ACEESCA, participarán dende mañá no encontro “Construimos Mundo”, ao que acudirán acompañados de 2 persoas de apoio. Este encontro é a resposta de Plena inclusión ás peticións que naceron no ano 2012 co Manifesto pola Plena Cidadanía e despois, no 2013, co Manifesto pola participación. En ambos, persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento de toda España instaban á sociedade e ao Movemento Asociativo Plena inclusión a que se lles dese a oportunidade de participar na toma de decisións das súas entidades.
FADEMGA Plena inclusión Galicia felicita a ASPRONAGA e AMICOS polos seus recentes logros en materia de inclusión
O pasado venres, a Asociación Pro Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia (Aspronaga) poñía en marcha o primeiro "Comité de Ética Asistencial para persoas con Discapacidade Intelectual" de Galicia. Este Comité estará presidido polo director do Centro Ricardo Baró, Antonio Naya, membro -á súa vez- da Rede de Apoio á Ética e do Comité de Ética de Plena inclusión. Por parte de FADEMGA Plena inclusión Galicia participará Moisés Lamigueiro, responsable técnico da área Social e de Familias da federación, quen asegurou "se trata dun proxecto moi importante e ilusionante que permitirá dar impulso ao desenvolvemento ético nas nosas organizacións".
Aberta unha nova edición do Programa de Vacacións IMSERSO

Podedes acceder a tódala información da convocatoria 2017/2018 no seguinte enlace: VACACIÓNS IMSERSO.
FADEMGA Plena inclusión Galicia móstrase satisfeita de que o Congreso apoie eliminar a restricción ao voto das persoas con discapacidade intelectual
Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia sumámonos á satisfacción expresada polo CERMI, despois de que os Grupos políticos do Congreso teñan decidido apoiar de maneira unánime a Proposición de reforma da Lei del Réxime Electoral Xeral, cuxo debate de toma en consideración se produciu durante a tarde de onte.
Iníciase así o camiño para poñer fin á privación do dereito de sufraxio que soportan 100.000 persoas por razón de discapacidade intelectual, enfermidade mental ou deterioración cognitiva.
Sobre a polémica polo uso do galego nas comunicacións de FADEMGA Plena inclusión Galicia
Onte 30 de outubro de 2017 comezou a difundirse a través das redes sociais unha fotografía dun documento elaborado pola nosa Federación, con instrucións para cumplimentar un exame. Trátase dunha fotografía manipulada, na que se recolle unicamente parte do contido total da comunicación.
A raíz deste documento, difundíronse comentarios ofensivos infundados cara a nosa organización, e sobre os cales nos gustaría realizar algunhas aclaracións.
Ler máis: Sobre a polémica polo uso do galego nas comunicacións de FADEMGA Plena inclusión Galicia
XI Seminario sobre Discapacidade Intelectual e Saúde Mental
Un ano máis, chega a FADEMGA o XI Seminario sobre Discapacidade Intelectual e Saúde Mental, que nesta ocasión terá lugar o venres, 24 de novembro, na Facultade de Psicoloxía (Mód. A, planta -1) de Santiago de Compostela.
Este seminario organízase coa colaboración do Grupo de Traballo sobre Trastornos Mentais e/ou Alteracións de Conduta en persoas con discapacidade intelectual, un equipo multidisciplinar de profesionais de asociacións de toda Galicia, que voluntariamente se reúnen para a exposición e consulta de diferentes dúbidas e dificultades así como para abordar diferentes tipos de intervencións nas persoas con discapacidade intelectual e trastornos mentais e/ou alteracións de conduta asociados.Ademais, o grupo traballa para que Administración e profesionais se impliquen de maneira activa, asegurando o dereito a unha atención, un apoio e un tratamento axeitado.
Ler máis: XI Seminario sobre Discapacidade Intelectual e Saúde Mental
Xornada "Novo modelo de ocupación e emprego"
Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia poñemos en marcha unha nova xornada sobre o "novo modelo de ocupación e emprego para as persoas con discapacidade intelectual".
Este modelo propón un cambio na visión do centro ocupacional, flexibilizando o paso do centro ocupacional ao emprego mediante a formación dual (formación e práctica).
Plena inclusión considera que o sistema educativo debe contar con apoios que garantan o dereito á educación de todo o alumnado
A Sección 1 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acaba de ditar unha sentenza pioneira en España, xa que deu a razón aos pais dun alumno con TEA (trastorno do espectro do autismo) considerando como unha neglixencia a falta de provisión de apoios específicos na aula por parte do colexio, os seus profesionais, e como última responsable a propia Xunta de Galicia.
O Concello de Vigo otorga unha nova subvención a FADEMGA Plena inclusión Galicia
O Concello de Vigo ven de concederlle á Delegación de FADEMGA Plena inclusión na provincia, unha nova subvención pola cuantía de 1.256.72 euros, destinada á realización de actividades da área dos servizos sociais, mellorando así a atención aos usuarios deste servizo na provincia de Pontevedra.
Participamos no Congreso Estatal de Accesibilidade Cognitiva
A cidade de Cáceres convértese os días 19 e 20 de outubro na "capital mundial" da accesibilidade coa celebración do I Congreso Estatal de Accesibilidade Cognitiva, que organiza Plena inclusión España e Plena inclusión Estremadura no complexo cultural San Francisco e no que participa un grupo de profesionais, familiares e persoas con discapacidade intelectual de FADEMGA Plena inclusión Galicia.
Así o sinalaron na inauguración o presidente de Plena inclusión Estremadura, Pedro Calderón; o director de Plena inclusión España, Enrique Galván; a responsable da área de Accesibilidade Cognitiva, Olga Berrios; a membro de Plena inclusión, María Casado; e a deputada de Igualdade e Políticas Sociais na Deputación de Cáceres, Mari Fe Prata.
Ler máis: Participamos no Congreso Estatal de Accesibilidade Cognitiva
A 6ª edición da Sesión Clínica aborda casos de persoas con discapacidade intelectual e trastornos mentais asociados
As persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento presentan un maior número de trastornos psiquiátricos e condutuais coexistentes, pero moitas veces a detección dos mesmos resulta complexa ou o tratamento non é eficaz, o que repercute na diminución da súa calidade de vida, ameaza a estabilidade da situación familiar e pon en perigo a súa permanencia nos centros de atención ós que acoden.
Plena inclusión aposta por dous Youtubers para normalizar a discapacidade intelectual entre os máis novos
Mario e Héctor apenas teñen 20 anos, son amigos e queren ser recoñecidos youtubers…. Seguro que non che soa a nada novo, pero fainos caso: esta é a noticia, aínda que en realidade non debería sela.
Dá a casualidade de que Mario ten discapacidade intelectual, e iso quizá o cambia todo. Plena inclusión proponse axudar a Mario e a Héctor a conseguir o seu soño como forma de normalizar a discapacidade intelectual entre os máis novos.
Para iso lanzamos a campaña #QuéEstáPasandoAquí, na que gravamos con eles dous vídeos para promocionar a súa propia canle a través das redes sociais. Con esta iniciativa, a organización pretende achegarse a este sector da poboación usando os seus mesmos códigos e canles.
FADEMGA Plena inclusión e SERGAS, premiados pola súa colaboración na adaptación de postos de traballo a persoas con discapacidade intelectual
Sanitaria 2000, empresa editora da diario Redacción Médica, celebrou este xoves a entrega do III Premios Redacción Médica á Sanidade Galicia. A cita tivo lugar no Hotel Oca Porta do Camiño de Santiago de Compostela, e nela participaron profesionais do sector sanitario de toda a Comunidade.
Durante a gala, FADEMGA Plena inclusión Galicia e o SERGAS resultaron premiados na categoría "Acción en RSS", pola súa colaboración na adaptación de postos de traballo do Sergas a persoas con discapacidade intelectual. Os outros nomeados nesta categoría eran o proxecto de terapia musical "Un mes, un son" do Hospital Montecelo; os bancos de leite materno do Sergas e o horto solidario no Hospital Lucus Augusti.
Máis de 800 persoas con discapacidade intelectual piden un maior compromiso coa Accesibilidade Cognitiva en Concellos de toda España
Baixo o lema “Dálle unha volta”, máis de 800 persoas con discapacidade intelectual de 7 comunidades autónomas -entre elas Galicia- reuníronse con alcaldes e concelleiros para reclamar un maior compromiso das administracións locais coa accesibilidade cognitiva. En Galicia, esta acción reivindicativa foi respaldada por 79 persoas con discapacidade intelectual, das asociacións Amicos, Nosa Señora de Chamorro, Aceesca, Centro Juan María e a Asociación Juan XXIII.
Nesta acción, as persoas con discapacidade intelectual leron un comunicado e entregaron un documento reivindicativo no que explican non só o que é a accesibilidade cognitiva, senón en que áreas da súa vida é necesaria, porque “sen accesibilidade, non podemos exercer os nosos dereitos como cidadáns.
Pereiro de Aguiar otorga a FADEMGA o "recoñecemento especial" polo seu labor no centro
Manuel Seoane Mera, técnico do Programa de Reclusos e Cidadanía Activa da federación, recibiu o pasado 22 de setembro, o "Recoñecemento especial" na prisión de Pereiro de Aguiar, coincidindo coa celebración do Día da Merced.
Este premio otórgase por resolución da Secretaría Xeral de Institucións Penais a entidades colaboradoras na reinserción de persoas privadas de liberdade, así como á contribución á mellora da actividade penal.
Ler máis: Pereiro de Aguiar otorga a FADEMGA o "recoñecemento especial" polo seu labor no centro
Profesionais de FADEMGA participan no “Foro Emprego con Apoio Euskadi” falando sobre a experiencia da federación no eido do emprego público
Os profesionais da Área de Emprego e Formación de FADEMGA Plena inclusión Galicia Paula Álvarez e José Manuel Fernández, participaron como poñentes este martes no Foro ECA – Euskadi, acompañados polo xerente da Federación, Antonio Fuentetaja, e polo director de Plena inclusión Enrique Galván.
Poñemos en marcha a 6ª Edición da Sesión Clínica
Chega a FADEMGA unha nova edición da Sesión Clínica, que este ano terá lugar o vindeiro 10 de outubro, no Centro Empresarial do Tambre (Vía Edison, 1. Polígono Industrial del Tambre. Santiago de Compostela).
Nesta xornada contaremos co apoio e asesoramento do psiquiatra Luis Docasar Bertolo (Xefe de Servizo de Psiquiatría da Estructura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) Ourense Verín e o Barco de Valdeorras) para a abordaxe de casos nos que nos somos capaces de ofrecer unha resposta efectiva.
As UDS de Emprego e Centros Ocupacionais reúnense para comezar a coordinar as actividades do último semestre
O pasado martes, responsables das UDS de Emprego e Centros Ocupacionais da Federación, reuníronse para comezar a coordinar as actividades que se desenvolverán na federación durante os próximos meses. Entre estas actividades que se están a poñer en marcha cabe destacar a organización dunha xornada sobre a implantación do modelo de ocupación e emprego para persoas con discapacidad intelectual de Aedis en Galicia.
Convivencia Formativa de irmáns… Participa!
Os pasados 8 e 9 de setembro, irmás de ACEESCA, ASPANAEX e ASPADISI, así como a propia Federación, participaron nunha formación presencial organizada en Plena inclusión, e que forma parte do “Proxecto de familias e renovación asociativa” financiado por Bankia.
Participamos nunha reunión coa Unión de Consumidores de Galicia (UGCAL) para debater sobre o futuro das estacións de servizo desatendidas
A Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) convocou este xoves unha xuntanza con representantes de FADEMGA Plena inclusión Galicia, da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), e dos tres sindicatos de traballadores: Comisións Obreiras (CCOO), UGT Galicia e Confederación Intersindical Galega (CIG); para tratar a situación na nosa comunidade autónoma das estacións de servizo desatendidas.
FADEMGA Plena inclusión traballa co Parlamento de Galicia para promover o emprego das persoas con discapacidade intelectual
O presidente da Federación, Eladio Fernández, o xerente Antonio Fuentetaja e profesionais da área de Emprego e Formación de FADEMGA Plena inclusión Galicia, reuníronse esta semana co Vicepresidente do Parlamento galego, Diego Calvo Pouso, así como co Letrado Oficial Maior José A. Sarmiento, para abordar distintas vías de colaboración e asesoramento ante a convocatoria dunha plaza de carácter interino na propia sede do Parlamento de Galicia.
“Queremos museos máis accesibles” seleccionada para formar parte do Congreso de Accesibilidade Cognitiva
O equipo de valoración do I Congreso Estatal de Accesibilidade Cognitiva acaba de comunicar as experiencias que foron seleccionadas para acudir a este Encontro, que se celebrará os próximos 19 e 20 de outubro de 2017 en Cáceres (Estremadura) entre as que se atopa a nosa Experiencia Admirable "Queremos museos máis accesibles". Esta non será a única representación galega no Congreso, xa que tamén estará representada a Asociación BATA a través da súa Boa Práctica "Que me pasa? Dereito á miña saúde" elaborada en colaboración coa asociación Asprodema da Rioxa.
Taller: O proceso de duelo e a discapacidade intelectual
O falecemento dun ser querido é unha das perdas máis amargas que pode experimentarse, pero non é a única, hai outras perdas que tamén pode dar lugar o duelo, por exemplo o cambio forzoso de domicilio, perdas de saúde, cambio de persoas de referencia (coidadores, monitores), cambios de rutinas...
As persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento non son alleas a estas situacións e lonxe de deixalos a marxe, debemos axudalas a superar estos momentos.
Ler máis: Taller: O proceso de duelo e a discapacidade intelectual
No inicio do curso escolar, Plena inclusión sitúase polo dereito a unha educación inclusiva para todo o alumnado
Para Plena inclusión, o novo modelo de Educación que substitúa á LOMCE debe orientarse ao benestar de todo o alumnado e configurarse como un sistema integral de apoios en toda a comunidade educativa, de forma que se estableza unha estreita colaboración de todos os axentes educativos en igualdade de condicións, reforzando especialmente o protagonismo das familias en todas as cuestións que afectan directamente aos seus fillos. Este sistema debe orientarse mediante principios de xustiza e solidariedade, de competencia e ética profesional, entendendo que a inclusión compete a toda a sociedade e debe servir á construción dunha sociedade máis xusta e cohesionada.
Posicionamento de FADEMGA Plena inclusión sobre terminoloxía
A linguaxe é unha ferramenta que condiciona a representación mental de calquera realidade. En relación coa discapacidade, a linguaxe reflectiu a concepción predominante en cada momento histórico, pasando de termos que se centraban na palabra “discapacidade” a centrarse na persoa. Un progreso que se debe, en gran medida, ao traballo que veñen exercendo as organizacións, administracións e os colectivos da discapacidade, co desenvolvemento de políticas inclusivas e o apoio do ordenamento xurídico no recoñecemento de dereitos.
Ler máis: Posicionamento de FADEMGA Plena inclusión sobre terminoloxía
Unha nova subvención do Concello de Vigo beneficiará á nosa área de emprego na provincia de Pontevedra
A Concellaría de Emprego, Economía, Industria, Voluntariado e Relación con Sindicatos do Concello de Vigo, relativa ao programa municipal de Subvencións para o Fomento do Emprego de Entidades sin Ánimo de Lucro, ven de concederlle á Delegación de FADEMGA Plena inclusión en Vigo unha subvención que permitirá a contratación dunha preparadora laboral/ formadora durante 3 meses, mellorando así a atención aos usuarios deste servizo na provincia de Pontevedra.
Entidades de FADEMGA Plena inclusión Galicia avanzan na Calidade Plena
O Modelo de Calidade de Vida Plena inclusión, que se sustenta na calidade de vida, calidade na xestión e a calidade ética, conta cun Sistema de Avaliación da Calidade que pretende que todas as organizacións que forman parte do Movemento Asociativo Plena inclusión sexan capaces de percorrer un camiño de mellora que os conduza cara á acreditación da calidade nos seus procesos e o avance na xestión dos seus apoios e servizos.
Froito do seu traballo pola mellora constante, as entidades de BATA, ASPNAIS, ACEESCA e ASPANANE, veñen de ser recoñecidas polo Comité de Acreditación do Sistema de Avaliación de Calidade Plena. Concretamente a asociación BATA, ven de ser acreditada na fase 2 de “Despliegue”, mentres que as entidades de ASPNAIS, ACEESCA e ASPANANE foron acreditadas na etapa 1 de “Compromiso”
Ler máis: Entidades de FADEMGA Plena inclusión Galicia avanzan na Calidade Plena
6 experiencias de accesibilidade galegas participarán no Congreso Estatal de Accesibilidade Cognitiva
Plena inclusión está a promover un espazo de intercambio de experiencias sobre accesibilidade cognitiva en España, e as mellores experiencias presentaranse no Congreso Estatal de Accesibilidade Cognitiva que se celebra o 19 e 20 de outubro en Cáceres.
Dende hoxe xa coñecemos estas 108 experiencias que aspirarán a converterse en Boas Prácticas, das cales 3 son experiencias presentadas por FADEMGA Plena inclusión Galicia:
:: A adaptación da estratexia galega da discapacidade, en colaboración con usuarios de ASPAS.
:: A experiencia da nosa área de emprego "Por fin nos facilitan o emprego público"
:: E"Queremos museos máis accesibles"
Ás experiencias presentadas pola federación únense outras 3 presentadas polas entidades de ASPRONAGA a través do proxecto "Axenda cultural accesible", BATA con "Proxecto de Transformación Dixital: Doutor Que me pasa" Dereito á miña saúde" e CHAMORRO, coa "Experiencia para facilitar o acceso a información sobre a contorna e mellorar a orientación, a través dun sistema de sinais".
A prevención de abusos e violencia sexual protagonizan as novas xornadas formativas postas en marcha por FADEMGA Plena inclusión
O pasado mes de maio, profesionais de FADEMGA Plena inclusión Galicia participaban no curso de formación de formadores sobre prevención de abuso e violencia sexual, dentro do proxecto Mantente Seguro III, en colaboración coa Federación de Planificación Familiar Estatal (FPFE).
Este proxecto nacía como consecuencia da iniciativa europea “Keep Me Safe”, no que Plena inclusión participou no ano 2013 xunto coa Federación de Planificación Familiar Estatal (FPFE). Posteriormente, desde o ano 2014, o proxecto continuou baixo o nome de Mantente Seguro, con financiamento do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e sempre en colaboración coa FPFE.
O proxecto "Todos Somos Todos" chegou a Galicia para visibilizar ás persoas con discapacidade intelectual e grandes necesidades de apoio
A escola galega de administración pública (EGAP), acolleu onte en Santiago a terceira xornada do proxecto "Todos Somos Todos" que o movemento asociativo Plena inclusión puxo en marcha para visibilizar ás máis de 63.000 persoas con discapacidade intelectual e grandes necesidades de apoio que hai en España, e que chegou á nosa Comunidade despois do seu paso polas cidades de Cidade Real e Pamplona.
A inauguración contou coa presenza da Valedora do Pobo, Milagros Otero Parga, que resaltou a "necesidade de visibilizar ás persoas máis vulnerables da nosa sociedade" así como co director de Plena inclusión Enrique Galván que agradeceu "a presenza de todas as familias, pois elas son a base do noso movemento asociativo". Ambos estiveron acompañados pola vicepresidenta de FADEMGA Plena inclusión Galicia Carmela González e o presidente Eladio Fernández.
FADEMGA Plena inclusión Galicia entrega ao presidente do Parlamento o estudo “Todos Somos Todos”
Co obxectivo de visibilizar o colectivo de persoas con discapacidade intelectual e grandes necesidades de apoio, FADEMGA Plena inclusión Galicia entregou esta mañá ao presidente do Parlamento D. Miguel Ángel Santalices Vieira o estudo “Todos Somos Todos” realizado polo Instituto Universitario de Integración na Comunidade (INICO) así como polo Real Padroado da Discapacidade. .
O proxecto “Todos Somos Todos”, é unha iniciativa posta en marcha para visibilizar e empoderar a aquelas persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento que teñen maiores necesidades de apoio debido a situacións asociadas a esta discapacidade, caso de mobilidade reducida, trastornos da saúde mental ou dificultades de comunicación entre outras. Estas persoas son aínda en gran medida invisibles para o conxunto da sociedade así como para políticos e lexisladores e teñen un déficit de dereitos aínda maior que o do resto de persoas con discapacidade intelectual, así como menores oportunidades de incluírse na súa comunidade.
Participamos na presentación do proxecto de emprego personalizado de Plena inclusión
A sede da Fundación ONCE en Madrid acolleu onte unha xornada sobre Emprego Personalizado, baixo o lema "Unha oportunidade para crear situacións únicas", e na que FADEMGA Plena inclusión Galicia presentou o seu proxecto de emprego personalizado co obxectivo de lograr maiores e mellores oportunidades laborais para aquelas persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento que teñen máis necesidade de apoio.
Ler máis: Participamos na presentación do proxecto de emprego personalizado de Plena inclusión
6 entidades galegas participaron nun novo curso sobre “APOIO CONDUTUAL POSITIVO”
O pasado 9 de xuño a sede de FADEMGA Plena inclusión Galicia acolleu un curso sobre APOIO CONDUTUAL POSITIVO que foi impartido por Antonio Naya Sancho, psicólogo e director do Centro Ricardo Baró da asociación ASPRONAGA e membro do Comité de Ética de Plena inclusión.
En total, 16 profesionais chegados dende as entidades de AMIPA, ASPADEZA, ASPANAS, ASPAVI, NSA SRA CHAMORRO, PAI MENNI e FADEMGA participaron nesta iniciativa.
Ler máis: 6 entidades galegas participaron nun novo curso sobre “APOIO CONDUTUAL POSITIVO”
Lanzamos a campaña "Todos Somos Todos" co obxectivo de visibilizar ás persoas con grandes necesidades de apoio
En España hai 63.610 persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento que teñen grandes necesidades de apoio. Son persoas con trastornos de saúde mental ou conduta, problemas de mobilidade, dificultades de comunicación ou outras discapacidades asociadas á súa discapacidade intelectual.
Membros da Policía Nacional de Santiago participan nunha formación pioneira sobre discapacidade intelectual
O Corpo da Policía Nacional en Santiago, participou na charla informativa “Aproximación á discapacidade intelectual”, impartida por profesionais de FADEMGA Plena inclusión Galicia.
Esta xornada ten como obxectivo adquirir e actualizar os coñecementos e procedementos actuación con persoas con discapacidade intelectual, dotando aos participantes das ferramentas necesarias para abordar os casos que se lles presenten no seu traballo diario. A xornada formativa correrá a cargo de Rocio Rey Sanmartin (Técnica do programa de Reclusos e Exclusión Social) Manuel Carballo Benito (formador en acceso á xustiza) e Maria Gómez- Carrillo de Castro (Licenciada en Dereito e emprendedora social).
Xornada "Todos Somos Todos" en Santiago de Compostela. INSCRÍBETE!
As persoas con discapacidade intelectual con maiores e máis complexas necesidades de apoio contan con pouca visibilidade no conxunto da sociedade. Parecería que para elas non contan os dereitos, a calidade de vida, a autodeterminación, a participación e inclusión comunitarias….
Pero dende FADEMGA Plena inclusión Galicia estamos decididos a contar con cada persoa! Con este obxectivo celebramos a xornada “Todos somos todos” que terá lugar o vindeiro 28 de xuño na Escola Galega de Función Pública (Santiago de Compostela), e na queremos contar coa túa participación!
Ler máis: Xornada "Todos Somos Todos" en Santiago de Compostela. INSCRÍBETE!
Unha vida independente para persoas con discapacidade intelectual é posible
O programa de apoio para a vida independente, naceu co obxectivo de prestar apoios individualizados ás persoas con discapacidade intelectual para que estas poidan conseguir as súas metas ou desexos, permitindo así mellorar a súa calidade de vida e a das súas familias dunha forma inclusiva e na súa contorna comunitaria.
En FADEMGA Plena inclusión Galicia puxemos en marcha unha nova edición deste programa, do que xa forman parte 11 persoas con discapacidade intelectual, usuarias do servizo de emprego da federación en Ourense. O obxectivo principal desta actividade (da que cada ano se benefician usuarios de diferentes entidades galegas) é que todos os participantes consigan unha maior autodeterminación, e gañen progresivamente un maior control sobre as súas vidas e na súa contorna habitual, o que lles achegará unha maior igualdade de oportunidades.
Ler máis: Unha vida independente para persoas con discapacidade intelectual é posible
FADEMGA Plena inclusión Galicia organiza un curso sobre “Planificación centrada na persoa"
O pasado 19 de maio a sede de FADEMGA Plena inclusión Galicia acolleu un curso sobre Planificación centrada na persoa que foi impartido por Fausto García Rey, Director técnico do servizo de adultos da asociación BATA e membro da Rede de Consultoría de Plena inclusión.
En total, 16 profesionais chegados dende as entidades de ACEESCA, ASPADEZA, ASPAVI, ASPRONAGA, NSA SRA CHAMORRO, PAI MENNI e FADEMGA participaron nesta iniciativa. O curso organizado por FADEMGA Plena inclusión Galicia, puido facerse realidade grazas a financiación da Fundación ONCE e da Xunta, e permitiu que os alumnos e alumnas identificaran os principios , ferramentas, procesos e marco de experiencias e oportunidades para a planificación centrada na persoa.
Ler máis: FADEMGA Plena inclusión Galicia organiza un curso sobre “Planificación centrada na persoa"
Nova oferta de emprego: Preparador laboral / Formador
Nome do posto: PREPARADOR/A LABORAL – FORMADOR/A
Nº de Postos: 1
Duración: ata o 30 de setembro
Ler máis: Nova oferta de emprego: Preparador laboral / Formador
FADEMGA aplaude os bos resultados obtidos nas primeiras oposicións da Xunta destinadas a persoas con discapacidade intelectual
O Diario Oficial de Galicia (DOGA) ven de facer públicos este venres os resultados da fase de oposición do primeiro proceso selectivo de Galicia celebrado en exclusiva para personas con discapacidade intelectual.
Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia manifestamos a nosa satisfacción polos bos resultados obtidos por tódolas persoas que se prepararon a través da nosa federación, pois un 91,38% deles superaron a fase de oposición con éxito. Agora queda esperar polos méritos para saber quenes poderán acceder ás 6 prazas fixas ofertadas na Administración Galega.
Persoas con discapacidade intelectual examínanse mañá nas probas de “competencias clave”: unha porta cara ao emprego
46 persoas con discapacidade intelectual das provincias de A Coruña, Pontevedra e Ourense participarán este martes nas probas de Competencias Clave que terán lugar na sede de FADEMGA Plena inclusión Galicia.
Estas persoas son usuarios do servizo de Emprego de FADEMGA, así como das asociacións federadas de ASPRONAGA (A Coruña), ASPABER (Carballo), ASPAVI (Pazos de Borbén), ASPANAEX (Vigo) e do Centro JUAN MARÍA (Nigrán). Acadar estas competencias permitiríalles poder realizar cursos para parados promovidos pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Información importante sobre a solicitude da Tarxeta AA
Como sabedes, dende o 21 de marzo deste ano, a discapacidade intelectual grave asociada a trastornos de conduta e/ou problemas de comunicación foi incluida como patoloxía na que debe favorecerse a accesibilidade e o acompañamento.
Dita información tamén está a ser comunicada aos centros sanitarios e ás unidades xestoras con responsabilidade no proceso de atención. Polo tanto, dende agora o procedemento para a solicitude da tarxeta AA será o ordinario.
Por todo elo, dende a federación consideramos moi importante informarvos de que a solicitude deste recurso debe facerse só para persoas que realmente necesitan prioridade e acompañamento nas consultas, xa que o feito de incorporar a persoas que non necesitarían a mesma, faría que non se cumpra o obxectivo para o que se creou.
Para calquera dúbida ou aclaración podedes contactarnos a través de Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou chamando ao 981 51 96 50.
Novas accións formativas baseadas en modelos de calidade de vida
Unha das características de FADEMGA Plena inclusión Galicia é a promoción do aprendizaxe e da posta en práctica dos mellores modelos de servizo e apoio que poden incidir na misión das entidades que conforman o movemento asociativo galego de familias. Dende o compromiso ético, técnico e organizativo que orienta á federación ao beneficio de cada unha das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento e das súas familias planificamos tres accións formativas: PLANIFICACIÓN CENTRADA NA PERSOA, APOIO CONDUCTUAL POSITIVO e APOIO ACTIVO.
Ler máis: Novas accións formativas baseadas en modelos de calidade de vida
Asinamos coa Xunta de Galicia un convenio de colaboración para facilitar a atención á discapacidade
O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asinou hoxe os convenios de colaboración nominativos coas 11 entidades de discapacidade de Galicia destinados ao mantemento das súas estruturas e á realización de programas de interese xeral. A través deles, a Xunta de Galicia destina 3,5 millóns de euros, unha contía que repercutirá de xeito directo en 100.000 persoas que se beneficiarán dos programas e actividades que desenvolvan as entidades. O orzamento total se distribuirá entre once federacións que aglutinan a 150 asociacións.
En marcha o 2º Foro de Familias pola Plena inclusión
O vindeiro 3 de xuño, Santiago de Compostela acollerá a celebración do 2º Foro de Familias, que este ano terá como sede o Hotel Congreso.
O Foro de Familias constitúe un espazo aberto á participación, que este ano terá como tema protagonista "os dereitos das persoas con discapacidade intelectual e o apoio natural das familias para exercelos". A defensa dos dereitos das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento é a razón de ser do noso movemento asociativo, de aí a importancia que lle queremos conceder neste 2º Foro, onde abordaremos experiencias e boas prácticas con familiares e persoas con discapacidade.
Ler máis: En marcha o 2º Foro de Familias pola Plena inclusión
Xornada "Saúde Mental e Discapacidade Intelectual"
O vindeiro 27 de maio do 2017, o Salón de actos do Hospital da Costa de Burela (Rafael Vior, s/n 27880 Burela (Lugo)), acollerá a celebración da Xornada "Saúde Mental e Discapacidade intelectual" organizada conxuntamente pola asociación ASPANANE e FADEMGA Plena inclusión Galicia.
Esta xornada, declarada de Interese Sanitario pola Consellería de Sanidade, nace co obxectivo de establecer un foro de reflexión e debate sobre a atención sanitaria das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, así como sensibilizar e informar sobre a necesidade dun estudio básico a nivel xenético para unha intervención que de resposta as necesidades e demandas da persoa dende os primeiros anos (atención temperá).
Grazas a esta xornada, profesionais de diferentes campos poderán coñecer en profundidade as particularidades das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento que presentan trastornos mentais e/ou alteracións de conduta.
O prazo para participar remata o 19 de maio. Deberedes remitir a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. o formulario de inscrición que achegamos a continuación:
A Xunta recoñece o traballo realizado por 265 persoas con discapacidade en proxectos de formación de 9 entidades
O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asistiu ao acto de recoñecemento das 265 persoas con discapacidade que desenvolveron durante 2016 e 2017 os proxectos de formación e asesoramento prelaboral ao abeiro das axudas que a Xunta de Galicia concedeu a nove entidades de iniciativa social para este fin.
A Administración autonómica investiu nesta iniciativa preto de 400.000 euros distribuídos entre as seguintes entidades e os seus correspondentes proxectos: FADEMGA centrou a súa actividade na mellora da capacitación sociolaboral das PCDID de Galicia; Feafes realizou un proxecto de habilidades prelaborales para a inclusión sociolaboral de persoas con discapacidade por mor de enfermidade mental; Cogami ofreceu formación prelaboral en Lugo, Pontevedra e na Coruña; Federación Down para a formación e preparación de oposicións autonómicas; Federación Autismo realizou itinerarios personalizados para persoas con necesidades de apoio similares para a adquisición de formación prelaboral e habilidades na vida cotiá; Federación FAXPG puxo en marcha un proxecto de adquisición de habilidades para a vida autónoma e mellora da empregabilidade; Acopros realizou un programa de formación prelaboral na discapacidade auditiva; Limisi traballou na inserción sociolaboral para persoas con diversidade funcional da comarca da Limia; e Cruz Roja Española apoiou a persoas con capacidades diferentes.