Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

No último mes, un total de 46 persoas con discapacidade intelectual que recibiron apoios da federación conseguiron praza na Administración, o que supón un 83% sobre o total de prazas ofertadas

 

O vindeiro martes, 10 de marzo, a Casa das Asociacións de Benestar Social (Cabes, Rúa Manuel María 6 – Salgueiriños) acollerá a xornada "Mulleres con discapacidade ante a violencia, estamos protexidas?"

A Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, o Presidente do Cermi Galicia, Iker Sertucha Lista e a Concelleira de igualdade do Concello de Santiago, Noa Díaz Varela, inaugurarán esta xornada organizada polo CERMI Galicia, na que participaremos a través do relatorio "Mulleres con discapacidade ante a violencia"

O Centro Abanca Obra Social, acollerá os próximos 6 e 7 de marzo a exposición de fotografías 'Eu, ti, elas', unha galería formada por varias imaxes, a través das que se mostrará o paralelismo que existe entre as mulleres con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento na súa conquista de dereitos individuais con algunhas das grandes mulleres que conseguiron importantes fitos na historia.

Exemplos de mulleres con discapacidade intelectual que loitan a diario por conseguir estar e ser incluídas na sociedade, do mesmo xeito que xa o fixeron outras mulleres ao longo da historia.

A Asociación Autismo Ourense en colaboración coa produtora “Contracorriente Films” e a empresa “Coruña films Galicine en Ponte Vella”, colabora na preestrea benéfica da película “ESPECIAIS” dirixida polos directores Eric Toledano e Olivier Nakache, que xa realizaron a película “INTOCABLE”.

O pasado 8 de marzo de 2019, Silleda acollía o primeiro proceso selectivo do SERGAS convocado en exclusiva para persoas con discapacidade intelectual.

Un total de 218 persoas con discapacidade intelectual, presentábanse a esta quenda específica do SERGAS, das cales 153 (o que supón un 69,86% do total) recibiron apoios de FADEMGA Plena inclusión Galicia (en concreto, 70 persoas da provincia da Coruña, 21 persoas de Lugo, 20 de Ourense e 42 de Pontevedra).

Este mércores, a Federación ven de coñecer que das 30 prazas convocadas para discapacidade intelectual, 25 recaeron en persoas que recibiron apoios de FADEMGA Plena inclusión Galicia, o que supón o 83.3% do total.

O noso Grupo de traballo sobre trastornos de conduta e/ou alteracións da saúde mental, formado por profesionais na atención ás persoas con discapacidade intelectual de toda Galicia, celebrou a primeira reunión anual orientada a facer balance das actividades do pasado ano e poñer en común novas propostas e casos de abordaxe para 2020.

Durante o encontro, o grupo puido facer un repaso polos casos abordados ata agora, así como polos principais fitos entre os que cabe destacar o proxecto Aténdeme-Enténdeme, un proxecto de mellora da atención nas consultas de medicina primaria ás persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, onde o grupo destacou o interese e boa acollida que está a ter a iniciativa, así como os novos “aliad@s” que se están a xerar entre o persoal médico involucrado.

O vindeiro venres, 21 de febreiro dende as 9:45 h. ás 13:00 horas, persoas expertas da Universidade Ramón Llull e da Universidade Católica de Valencia contarannos as súas experiencias sobre Calidade de vida familiar e Enfoque centrado na familia.

Nesta "Feira virtual" tamén participarán federacións de Plena inclusión de diferentes Comunidades Autónomas.

Poñemos en marcha unha nova edición deste curso que ten como obxectivo xerar coñecementos básicos sobre o "Enfoque centrado na persoa" e as súas implicacións a nivel individual; un novo modelo de traballo que permite mellorar as competencias dos profesionais, familiares e doutros axentes implicados no proceso de planificación centrada na persoa.

Xa rematamos de cocer os novos obradoiros de FADEMGA Para o 2020, e estamos esperando polas vosas inscricións!

Novamente poñeremos en marcha o Obradoiro de "Familias en Forma" un clásico da federación, pero xunto a él chegan novas ofertas como o obradoiro de seguridade en redes sociais, duelo, dereitos, participación, voto, elaboración de textos en lectura fácile formación cidadá. 

Un ano máis continuamos na nosa constante de promover a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e as súas familias, ao tempo que queremos apoiar ás entidades para a posta en marcha de programas que axuden a implantar modelos e metodoloxías de traballo dirixida a este colectivo.

A continuación, podedes atopar tódala información sobre as novas convocatorias dos programas de "Envellecemento" e "Apoio á vida independente", así como descargar tódala documentación necesaria para poder cursar a osa solicitude.

*Descarga aquí a documentación para solicitar o Programa de Envellecemento.

*Descarga aquí a documentación para solicitar o Programa de Apoio á Vida Independente. 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN

As solicitudes, tanto para o "Programa de Envellecemento" como para o de "Apoio á vida independente", deberán estar na federación, como moi tarde, o venres 14 de febreiro.

Podedes achegalas vía postal, ou no enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia continuamos un ano máis co Servizo Xurídico, orientado a informar e aconsellar ás persoas con discapacidade intelectual e as súas familias nas dúbidas de carácter legal e xurídico que podan ter en temas como as tutelas, as herdanzas, o patrimonio protexido, dereito ao voto etc.

Como sabedes, as pilotaxes son programas que nacen para xerar micro transformacións, a través dunha temporalidade e metodoloxías concretas e mediante a creación de equipos específicos para desenvolvelos nas entidades.

Este ano, contamos con 2 novas convocatorias de pilotaxes:

- Proxectos cara a servizos centrados nas persoas en nas súas familias. (Servizos centrados na comunidade)

Moitos dos centros e servizos cos que contamos foron creados na visión do déficit, dende un enfoque centrado na discapacidade e nas limitacións da persoa.  Neste momento é urxente e prioritario desenvolver novos modelos de prestación de apoios e servizos, así como novas prácticas, que contribúan a avanzar cara a modelos de apoio e tipoloxías de servizos centrados nas persoas (cada persoa e a súa familia) co fin de promover e facilitar a inclusión na comunidade.

- Proxecto de educación inclusiva. 

 O proxecto de educación inclusiva persigue facilitar un proceso de transformación cara unha educación inclusiva. Promove o desenvolvemento de procesos de innovación na aula, implementando metodoloxías de aprendizaxe innovadoras e que actualmente están sendo aplicadas en entornos escolares ordinarios con bos resultados.

O pasado 26 de decembro publicábanse as notas do primeiro exercicio (celebrado o 1 de decembro en Silleda) do proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional do persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.

Despois de que o tribunal establecera a nota corte en 45 puntos, pasaron á seguinte fase do proceso selectivo 113 persoas. Destas 113 persoas 101 pertencen a FADEMGA Plena inclusión Galicia, o que supón o 89,4%.

Poñemos en marcha o primeiro dos cursos do ano, que nesta ocasión estará centrado no "Ocio na comunidade para persoas con grandes necesidades de apoio"

A formación celebrarase dende o 3 de febreiro ao 8 de marzo de 2020 na modalidade online (32 horas)

Prazo de inscrición: 24 de xaneiro de 2020

O pasado 10 de decembro tivo lugar unha segunda sesión de consultoría sobre plans de persoas Plena inclusión que foi dirixida Por Juan Fontela, director de persoal de ASPRONAGA que participou no equipo motor do modelo de Plans de persoas Plena inclusión e ten máis de dez anos de experiencia en implantación, mantemento e mellora segundo o modelo de plans de persoas de Plena inclusión.

En total son catro as entidades que están asistindo a estas sesións de consultoría; concretamente ASPANAS, ASPADEZA, ASPANAEX e AMIPA.

FADEMGA Plena inclusion Galicia felicita á Xunta pola recente posta en marcha do novo modelo de emprego e formación dual, que permitirá aos alumnos obter certificados de profesionalidade a través de itinerarios formativos adaptados e estables.

O Goberno galego acaba de activar este novo programa de formación dual destinado a persoas con discapacidade intelectual, co obxectivo de impulsar a súa inclusión laboral a través da cualificación e a experiencia profesional: un cambio na visión do centro ocupacional, flexibilizando o paso do centro ao emprego mediante a formación dual.

Tres expertas en recursos humanos enfróntanse ao reto dun proceso de selección a cegas.

Coincidindo co Día Internacional das Persoas con Discapacidade que se celebra o 3 de decembro, FADEMGA Plena inclusión Galicia lanza o anuncio “Hai moitas capacidades detrás dunha discapacidade intelectual” que quere chamar a atención sobre as dificultades que sofren as persoas con discapacidade intelectual para acceder a un emprego digno.

Estas barreiras teñen como consecuencia o empobrecemento deste sector da poboación. Trátase dun problema tan descoñecido como grave.

A Bolsa de auditores...Que é?

A bolsa de persoas auditoras e unha rede de contactos de auditores e auditoras internas de calidade das entidades federadas. Inscribíndose, as persoas auditoras póñense a disposición para auditar internamente outra entidade e solicitar que alguén da bolsa lles realice a auditoría interna.

O obxectivo é xerar un intercambio do coñecemento entre as entidades federadas. Aprender o que se fai noutras organizacións e identificar melloras para a propia asociación. Ensinar o que facemos na entidade e aportar posibles solucións. Asi mesmo, supérase a rutina e costume que podería supor a realización de auditorías na propia entidade, facilitando que se identifiquen oportunidades de mellora ante outros métodos de traballo e fortalecendo a independencia e obxectividade da auditoría.

 

Máis de 200 alumnos de FADEMGA Plena inclusión Galicia prepáranse para asistir este domingo ao exame para persoal subalterno que a Xunta de Galicia convoca en exclusiva para o noso colectivo.

O presidente da Federación, Eladio Fernández, quixo destacar a gran representatividade de FADEMGA á hora de preparar aos aspirantes a esta praza “das 500 persoas con discapacidade intelectual que se presentarán o sábado ao exame da Xunta de Galicia, 354 están vinculadas á Federación e máis de 200 formáronse connosco durante meses nas clases de preparación de oposicións que ofrecemos nas 4 provincias. En FADEMGA Plena inclusión traballamos co obxectivo de potenciar as habilidades de cada persoa con discapacidade intelectual e ofrecemos material adaptado a lectura fácil, o que lles facilita os alumnos a comprensión e o estudo do temario”.

 

En FADEMGA Plena inclusión Galicia estamos a buscar persoas voluntarias, apaixoadas pola ensinanza a lectura e a escritura!

Se estás interesad@, non dubidedes en contactarnos. Informarémosche de tódalas oportunidades de voluntariado que podes atopar connosco!

Premendo neste enlace, podes atopar o noso folleto e cartel de voluntariado, así como o documento que debes achegarnos para amosar o teu interese.

FAITE VOLUNTARI@!

 

 

A plena inclusión das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento na sociedade pasa pola normalización dos diferentes ámbitos da vida da persoa. Entre eles, e como piar básico, atópase a inclusión laboral.

Pero este colectivo conta cunha serie de dificultades específicas que limitan moito o seu acceso ao mercado laboral. Estas dificultades, conlevan procesos de intervención específicas, con metodoloxías adaptadas ás características propias deste colectivo e que non son respondidas de xeito efectivo por os servizos de emprego ordinarios, tanto da administración pública como de outras entidades xeralistas.

En resposta a esta situación poñemos en marcha grazas á Xunta de Galicia, o programa “Mellora nos accesos ao emprego público das persoas con discapacidade intelectual do norte e sur de Galicia, a través da formación, orientación e apoios en diversos procesos selectivos”que se desenvolverá dende o 17 de outubro do 2019 ata o 23 de xuño do 2020 por medio de dous proxectos: o proxecto norte nas cidades de Santiago de Compostela, Lugo e A Coruña e o proxecto sur nas cidades de Ourense e Vigo.

O vindeiro 30 de novembro Santiago de Compostela acollerá unha nova edición do Foro de Familias!

Este Foro, un clásico da nosa Federación, está de volta para abordar a importancia da comunicación dentro da familia. Un espazo aberto á participación, onde reflexionaremos xuntos sobre as dificultades de participación e de comunicación dentro das familias a través da “simulación” de varias situacións.

A Facultade de Psicoloxía de Santiago acollerá unha nova edición do "Seminario sobre discapacidade intelectual e saúde mental".

Organizado por Fademga Plena inclusión Galicia, coa colaboración do Grupo de Traballo de Trastornos Mentais e/ou alteracións de conduta, trátase dun Seminario, declarado de interese sanitario pola Consellería de Sanidade, que centrará a atención novamente nas persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento con grandes necesidades de apoio que presentan alteracións da saúde mental.

O prazo para realizar a vosa inscrición estará aberto ata o vindeiro 18 de novembro (cota bonificada). O prazo para a cota sen bonificar será do 19 ao 22 de novembro.

Podedes descarga a inscrición e programa da xornada NESTE ENLACE.

A falta de tempo para explicarse, a linguaxe excesivamente técnica ou a falta dunha información clara e en termos que poidan comprender son algunhas das barreiras que se atopan as persoas con discapacidade intelectual cada vez que inician algún procedemento xudicial.

A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), a dirección Xeral de Xustiza da Xunta de Galicia e FADEMGA Plena inclusión Galicia, asinaban o pasado mes de decembro o Convenio para poñer en marcha este proxecto pioneiro na nosa comunidade que agora é unha realidade, e mediante o cal se adaptarán as sentenzas que afectan a personas con discapacidade intelectual e persoas con maiores problemas de comprensión a lectura fácil.

Co fin de continuar difundindo o coñecemento da lectura fácil e os seus beneficios, poñemos en marcha unha nova xornada formativa destinada a voluntarios/as de entidades socias, para coñecer de preto en que consiste a elaboración de textos en lectura fácil así como o proceso de validación de textos.

O curso, que será de balde, celebrarase o 24 de outubro de 2019 e terá unha duración de 7 horas.

Podedes anotarvos enviando a vosa ficha de inscrición que atoparedes NESTE LINK e enviándoa debidamente cumprimentada a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. antes do 21 DE OUTUBRO.

*A admisión comunicarase vía e-mail o 22 de outubro.

*Formación subvencionada pola Xunta de Galicia.

Poñemos en marcha un novo curso de "Planificación persoal por adiantado", orientado a coñecer en que consiste esta metodoloxía de traballo, as súas características e fases, así como a desenvolver as habilidades necesarias para ser facilitador neste tipo de procesos.

O curso desenvolverase do 28 de outubro ao 30 de novembro de 2019 e o prazo de inscrición rematará o vindeiro 22 de outubro de 2019

O Goberno galego acaba de activar o novo programa de formación dual destinado a persoas con discapacidade intelectual, co obxectivo de impulsar a súa inclusión laboral a través da cualificación e a experiencia profesional: un cambio na visión do centro ocupacional, flexibilizando o paso do centro ao emprego mediante a formación dual.

A colaboración e o traballo conxunto entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a Federación FADEMGA Plena inclusion Galicia, e asociacións como JUAN XXIII, ACEESCA ou ASPABER entre outras, fan posible que por fin sexa unha realidade na nosa comunidade esta experiencia piloto que marcará o camiño futuro para moitas outras entidades da discapacidade intelectual na nosa comunidade.

Por terceiro ano consecutivo, chega a FADEMGA Plena inclusión Galicia a Convivencia Formativa de irmáns e irmás baixo o lema "A vida é puro teatro".

Dous días de confraternización co obxectivo de facer un repaso a través dos logros acadados polos irmáns dentro do movemento asociativo de Plena inclusión, e avaliar as dificultades para participar dentro da familia: o proteccionismo, a (in)comunicación, a (des)información, os medos, os malentendidos,....

A maioría das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento envellecen antes e máis rápido que o resto da poboación. Moitas persoas con discapacidade a partir dos 45 anos presentan procesos de envellecemento que a poboación xeral soe ter cara ós 65 ou 70 anos.

Dende a Federación cada vez somos máis conscientes desta realidade, máis evidente se cabe nunha pobación tan envellecida como a da nosa comunidade, e por elo poñemos en marcha esta 2ª sesión de traballo sobre o proceso de envellecemento en persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento: "Xuntos medramos nos apoios que prestamos".

Varios técnicos do Servizo de Emprego e Formación de FADEMGA Plena inclusión Galicia, participaron na tarde de onte na xornada ‘O impulso da inserción laboral de persoas con discapacidade en Galicia’, organizada polo CERMI autonómico, onde tamén participaron representantes políticos, así como representantes doutras entidades do terceiro sector galego.

Durante o encontro, tivemos a oportunidade de intercambiar ideas para avanzar na inclusión laboral das persoas con discapacidade, así como fomentar e dar a coñecer as demandas máis comúns en materia de emprego no sector da discapacidade intelectual.

Xa podedes acceder aos cursos abertos de formación financiados polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social na convocatoria de IRPF "Ética para valentes", "Apoio conductual positivo" e "Navegar seguro", para iso podedes utilizar o voso usuario e contrasinal e auto-matricularvos mediante a ligazón de cada curso. Se non estades dados de alta na plataforma, podedes rexistrarvos picando esta ligazón

Rexistrarme

*Recoméndase o uso do navegador Google Chrome

O xurado do I CERTAME DE RELATO CURTO EN LECTURA FÁCIL, composto por membros da Xunta Directiva e profesionais de FADEMGA Plena inclusión Galicia, reunido o pasado 15 de xullo para expoñer as valoracións dos relatos presentados, resolveu por unanimidade, os seguintes premios e mencións:

En FADEMGA Plena inclusión Galicia poñemos en marcha o novo curso, e facémolo cunha oferta fomartiva centrada no "Apoio Activo", dirixida a profesionais de atención directa e coordinadores de programa que queiran implementar o apoio activo nos seus centros e servizos.

 Mª Teresa Lagos  Simes, directora técnica da asociación Juan XXIII, será a formadora deste curso que se desenvolverá entre o 1 de outubro e o 12 de novembro.

O IV Encontro de irmáns/ as e cuñados/ as celebrouse en Salamanca en xuño de 2019.

Nestos enlaces podes atopar as conclusións e información sobre algúns dos temas dos que se falaron.

Qué nos move a transformar as nosas entidades e a maneira de traballar para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e as súas familias? Como facemos este cambio? Como podemos continuar avanzando?

Co obxectivo de reflexionar sobre este proceso de transformación nos modelos de atención, FADEMGA Plena inclusión Galicia celebrou hoxe a primeira xornada “Transformándonos: compartindo proxectos, xerando oportunidades” orientada a coñecer estes novos proxectos, a compartir retos, dificultades e plantexar novos obxectivos de cara a ofrecer a mellor atención posible para as persoas con discapacidade intelectual e familias.

FADEMGA Plena inclusión Galicia, e a empresa Applus+ Norcontrol, unha das sedes galegas da multinacional Applus+, iniciaron este ano unha colaboración que xa permitiu a catro persoas con discapacidade intelectual ter a oportunidade de prepararse para o mundo laboral nas instalacións desta empresa.

Durante un mes, e mediante a metodoloxía de emprego con apoio, este grupo puido desempeñar distintas tarefas de ordenanza, e coñecer en primeira persoa a contorna laboral da empresa ordinaria, máximo expoñente da inclusión laboral.

Tal e como asegura o presidente de FADEMGA Plena inclusión Galicia, Eladio Fernández, “o mercado laboral non terminou de descubrir o talento que poden achegar as persoas con discapacidade intelectual. Aínda queda moito por facer e en moitos casos, a pesar da valía destas persoas, as empresas non acaban de darlles a oportunidade de demostrar as súas capacidades”.

 

A asociación Juan XXIII acolleu a presentación do novo modelo de emprego e formación dual para persoas con discapacidade intelectual, un modelo que nace orientado a superar as grandes taxas de desemprego do colectivo, así como a baixa cualificación profesional.

En definitiva, trátase dun cambio na visión do centro ocupacional, flexibilizando o paso do centro ao emprego mediante a formación dual.

A colaboración e o traballo conxunto entre a Consellería de Economía, emprego e industria, a federación FADEMGA Plena inclusion Galicia, Juan XXIII e asociacións como ACEESCA, ou ASPABER entre outras, fan posible que se poña en marcha esta experiencia piloto que marque o camiño futuro para moitas outras entidades da discapacidade intelectual na nosa comunidade.

Que nos leva a transformarnos?

Onde nos atopamos?

Cara onde imos?

Dirixido a persoas directamente implicadas en microproxectos e pilotaxes en Galicia, pero tamén a calquera persoa interesada en coñecer o proxecto de transformación de Plena inclusión, poñemos en marcha esta iniciativa a través da cal reflexionaremos xuntos sobre a transformación cara servizos centrados nas persoas.

Actualmente xa se están a desenvolver 23 proxectos de microtransformación así como novas metodoloxías de traballo mediante pilotaxes en Apoio Activo, Apoio Condutual Positivo, Planificación Persoal por Adiantado, Asistencia Persoal ou Transición á vida Adulta. 

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia queremos animar e apoiar a tódalas entidades para que deseñedes e implantedes os vosos propios "plans de persoas Plena inclusión".

Este apoio impulsado pola federación consistirá en manter 3 sesións formativas de consultoría e seguimento sobre plans de persoas. Unhas sesións a través das cales poderedes adquirir coñecementos, desenvolver e implantar os vosos plans.

Ademais poderedes plantexar todas dúbidas e compartir as diferentes realidades e resultados de cada entidade.

COMO PARTICIPAR?

Moi sinxelo! Aquelas entidades interesadas en participar, deberedes comunicalo antes do luns 1 de xullo remitindo a ficha de inscrición e xustificante de pago de 20€ ao mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Se queres ampliar a información, podes descargala AQUÍ.

Plena inclusión España está a elaborar un estudo sobre a situación da poboación con discapacidade intelectual reclusa (ou exreclusa) que cumpre medidas de privación de liberdade.

Este informe baséase nas respostas dadas por 367 persoas deste colectivo que están ou estiveron en centros penais de 14 comunidades autónomas e Ceuta a un cuestionario de 241 preguntas. O movemento asociativo que traballa con preto de 120.000 persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, desenvolve desde hai 32 anos proxectos de apoio a estas persoas, na actualidade en 71 centros penais.

O Centro Obra Social Abanca de Santiago de Compostela acolleu este martes a xornada ‘As mulleres e nenas con discapacidade á luz da Convención Internacional dos Dereitos das Persoas con Discapacidade’, un tratado de obrigado cumprimento por parte de todos os países que o ratificaron, entre os que se atopa España.

O encontro, organizado polo Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI Galicia) coa colaboración da Fundación CERMI Mulleres e da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta, pretende sentar as bases para profundar na situación das mulleres e nenas con discapacidade e para avanzar na defensa dos seus dereitos e a igualdade de oportunidades.

Co obxecto de desenvolver actividades dirixidas á sensibilización dos profesionais do Sergas e á mellora da comunicación coas persoas con discapacidade intelectual no ámbito do sistema sanitario público, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e o presidente de FADEMGA Plena inclusión Galicia, Eladio Fernández Pérez, asinaron hoxe un convenio de colaboración.

Entre as actividades a desenvolver no marco deste convenio están o Programa Aténdeme-Enténdeme, consistente en visitas programadas aos centros de saúde de persoas con discapacidade intelectual acompañadas dun famiiar e un profesional da Federación. Durante as visitas transmitirán aos profesionais do Sergas as súas necesidades e características propias, así como algunhas ferramentas para mellorar as habilidades dos profesionais na comunicación coas persoas con discapacidade intelectual.

- Os datos solicitados por Plena inclusión revelan que os fogares onde viven persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento teñen rendas máis baixas (un 25% máis baixas), menor taxa de actividade (78% fronte ao 32%), dificultades no acceso a recursos básicos, un sobreesforzo económico de 24.237 € de media; abandono laboral e problemas de saúde derivados dos coidados destas persoas.

- O actual sistema de prestacións, axudas e incentivos fiscais non compensan esta desigualdade.

FADEMGA Plena inclusión Galicia cumpre 40 anos de traballo e dedicación ás persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias

Pero... coñeces as nosas orixes?

Achégate a este pequeno adianto das conversas cos pais fundadores da federación e coas persoas que co seu esforzo, traballo e unión, lograron sacar a adiante o Movemento Asociativo.

Adiante!

Hoxe 23 de abril, Día do Libro, FADEMGA Plena inclusión Galicia reivindica a lectura fácil como forma de facer máis accesible a lectura ás persoas con dificultades de comprensión.

A lectura fácil é un método de redacción, deseño e maquetación de documentos que naceu en Suecia nos anos 60 e que fai que estes sexan máis fáciles de comprender. Dende esa época, especialmente no noso país, a lectura fácil viviu unha constante evolución e, a pesar diso, falta moito camiño por percorrer.

Plena inclusión pon en marcha a maquinaria organizativa do Encontro Estatal de irmáns, e tí podes formar parte del!

Este ano, o encontro terá lugar en Salamanca os días 8 e 9 de xuño (ver Preprograma).

En Galicia dispoñemos de 3 prazas e poden inscribirse irmáns e cuñad@ s (maiores de 18 anos) de persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

A Dirección Xeral da Función Pública ven de publicar a Resolución pola que se aproban as listas dos aspirantes que superaron o proceso selectivo, así como as listas de adxudicatarios de prazas por orde de puntuación no mesmo, para o ingreso como persoal laboral fixo coa categoría de axudante de xestión e servizos comúns, en prazas reservadas para ser cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

Nesta ocasión, convocáronse 279 prazas en toda España baixo o sistema de concurso-oposición, das cales 23 corresponden a Galicia (8 prazas en A Coruña. 4 en Ferrol, 1 en Santiago de Compostela, 2 en Lugo, 2 en Ourense, 3 en Pontevedra, 2 en Vigo e 1 en Marín)

Onte publicouse no BOE a Resolución de 10 de abril de 2019, da Presidencia da Axencia Estatal de Administración Tributaria, pola que se publica a relación de aprobados do proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, de persoal laboral fixo, na categoría de Ordenanza, en prazas reservadas para ser cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual

Trátase do primeiro proceso selectivo reservado a persoas con Discapacidade Intelectual da Axencia Tributaria.

En total, a este encontro presentáronse máis de 200 experiencias nacionais e internacionais, pero só 12 optarán a ser valoradas como Prácticas Admirables e 3 optarán a Prácticas Excelentes.

Plena inclusión celebra os próximos 26 e 27 setembro o “2º Encontro de Prácticas Admirables”. Co lema “Ao contraxeito, construímos comunidades inclusivas” este encontro recollerá as prácticas mellor valoradas no traballo pola loita dos dereitos das persoas con discapacidade intelectual e as súas familias.

Preto de 500 persoas con discapacidade intelectual galegas, participarán o vindeiro venres 5 de abril nun simulacro electoral, organizado por FADEMGA Plena inclusion Galicia e dirixido a este colectivo, que poderá votar na súa totalidade por primeira vez nos próximos comicios do 28 de abril e o 26 de maio.

Este simulacro únese a moitos outros celebrados en comunidades como Madrid, Asturias, Castela León, Valencia… co triple obxectivo de celebrar este cambio histórico pero tamén de reclamar a necesidade de material adaptado a lectura fácil para poder exercer este dereito en igualdade de condicións ao resto de cidadáns, e tamén para analizar e avaliar as dificultades que poidan ter as persoas con discapacidade intelectual á hora de exercer este dereito, así como poder anticiparnos a posibles apoios que necesiten nos próximos chamamentos electorais.