Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia poñemos en marcha unha serie de conversas en liña para tratar temas clave que marcarán os próximos obxectivos do movemento asociativo Plena inclusión.

Xa sabes: "Non te escondas. É momento de participar", porque o Movemento Asociativo contruímolo entre todos e todas!

Desde o programa de promoción de vida independente de FADEMGA

organizamos 2 charlas formativas.

As 2 charlas serán a través de Zoom.

A primeira charla é sobre sexualidade.

Está charla é o 9 de novembro de 5 e media da tarde a 7 da tarde.

Iniciamos o mes poñendo en marcha unha acción formativa moi novidosa dirixida ás familias!

Trátase dunha formación on line sobre a figura do Asistente Persoal. A Asistencia Persoal é una ferramenta indispensable para a Vida Independente, sendo un tipo de apoio personalizado, que se presta en contornas naturais (o fogar, a comunidade…), polo que complementa a outros tipos de apoio que as familias e persoas con discapacidade xa coñecen ben.

Xa temos novas datas para o estreo da curtametraxe Lilith!

Nesta ocasión, as cidades afortunadas serán Vigo, (o vindeiro 10 de novembro) e A Coruña, (o 18 de novembro). Escolle a túa opción e anótate! 

Sabemos que o estabades esperando e aquí chega!

Temos nova convocatoria do Programa de Vacacións – IMSERSO, que regresa coas pilas cargadas e a pleno rendemento! Unha a boa oportunidade para gozar do tempo de lecer e para socializar en contornas normalizadas; unha asignatura pendente para a sociedade e na que traballamos arreo, co fin de conseguir un ocio inclusivo e de calidade onde sexan as propias persoas con discapacidade intelectual as que decidan. Vacaciónate!

:: ÍMOS COA LETRA PEQUENA: CONVOCATORIA E PRAZOS

Na seguinte ligazón "Actuacións de Turismo IMSERSO - Plena inclusión España" podes atopar toda a documentación necesaria para realizar a solicitude.

Bulide que o prazo está aberto ata o 23 de febreiro!


:: OFERTA DE DESTINOS

 

Información en lectura fácil

 

En Fademga Plena inclusión Galicia

abrimos o prazo para participar

no Programa de Vacacións do IMSERSO. 

O IMSERSO é un organismo 

do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social. 

 

Este programa serve para que persoas con discapacidade intelectual

podan gozar duns días de vacacións

noutras partes de España. 

 

Todo o mundo ten dereito a gozar das súas vacacións 

e do seu tempo libre

en igualdade de condicións. 

 

O prazo para inscribirte no Programa

xa está aberto. 

Ponte en contacto coa túa asociación

e alí informarante sobre como podes participar. 

 

Se non es membro dunha asociación

podes contactar directamente connosco

na seguinte dirección de correo

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

ou chamando ao 981 519 650

e axudarémosche no que precises. 

O noso clásico "Seminario sobre discapacidade intelectual e saúde mental" declarado de interese sanitario pola Consellería de Sanidade, renóvase este ano para adaptarse ás circunstancias sociosanitarias, pero non renuncia por elo a contar cos mellores profesionais no eido da saúde mental. 

Nunha sesión on line, que terá lugar o vindeiro 12 de novembro, contaremos con María José González Estévez, Médica no Servizo de urxencias do Hospital do Salnés, cun master en bioética e especialista universitaria en coidados paliativos, que nos falará sobre o "Marco bioético para a intervención en discapacidade intelectual", con Alberto Sánchez García, Psicólogo no departamento psiquiátrico infanto-xuvenil do Hospital de Eskilstuna (Suecia) e precursor en España do enfoque baixo afectivo (low arousal approach) que nos falará sobre "Contacto de baixa afectividade: xestión de problemas de conduta" e con Carmen Márquez e Rebeca Sevilla, profesionais da Asociacion BATA (Vilagarcía de Arousa) que nos falarán sobre a importancia dos apoios en contextos naturais. 

Dende o Programa de Líderes convocamos 3 formacións sobre participación e representación de persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

Unhas xornadas online a través das que pretendemos dar voz ao noso colectivo, ofrecendo os apoios adecuados para poder desenvolver unha apredizaxe da Participación e promovendo ademáis maiores ferramentas para que estas persoas podan relacionarse e participar na sociedade, nun plano de igualdade e como cidadáns de pleno dereito que son.

"Teño que buscar a forma de comunicarme con ela". 

Son palabras de Mª Carmen, nai de Katia e protagonista da nosa curtametraxe dedicada ás persoas con discapacidade intelectual con maiores necesidades de apoio. Unha curtametraxe que ven de gañar o "Premio ao Mellor Documental" no Festival DiversidArte da Coruña.

Dende o Programa de Cidadanía Activa e Accesibilidade Cognitiva, convocamos un curso de Formación avanzada en Lectura Fácil, co obxectivo de crear unha bolsa de adaptadores que colaboren coa Federación na adaptación e creación de textos adaptados.

O curso centrarase na análise de diferentes tipos de texto e enfoques a aplicar para obter un texto en lectura fácil, na creación de textos orixinais ou en coñecer ferramentas para a edición e corrección de textos, e desenvolverase en modalidade online entre o 21 de outubro e o 3 de decembro.

Un ano máis, contra vento e marea, volve o noso encontro formativo de irmáns e cuñados de persoas con discapacidade intelectual. 

Baixo o lema "A plena inclusión que queremos", volveremos ao enclave de Casa Antiga do Monte, en Padrón, para reflexionar en torno á nosa organización, e como nos imaxinamos a súa proxección no futuro.

Todo elo dun xeito lúdico e participativo!

Nos seguintes enlaces podedes descargar a información sobre este encontro, así como o programa e ficha de inscrición: 

- Información Convivencia 2020: A plena inclusión que queremos

- Programa da xornada

- Ficha de inscrición

 

 

Estamos de estrea! O vindeiro 2 de outubro, poderedes asisitir á presentación da nosa nova curtametraxe: LILITH

Dirixida por Rafael de Ramón Herrera, LILITH é unha achega á realidade das mulleres con discapacidade intelectual: unha antoloxía de relatos que abordan dende unha perspectiva poética as dificultades, intolerancia e a discriminación que sofren estas mulleres no seu día a día. 

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia poñemos en marcha unha sesión formativa online sobre a importancia da prevención e da atención precoz da saúde mental das persoas con discapacidade intelectual.

O noso fin é achegar unha perspectiva xeral sobre a importancia da prevención e coñecer que se está a facer hoxe en día en materia de prevención e atención precoz da saúde mental en xeral, e máis concretamente no eido da atención das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.

Para formalizar a vosa participación, debedes cubrir e enviar debidamente asinada a FICHA DE INSCRICIÓN 

Consulta aquí o PROGRAMA da xornada.  

A Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde ven de publicar esta mañá a Resolución pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde e a adxudicación de destino definitivo aos/ás aspirantes con discapacidade intelectual para o ingreso na categoría de celador/a.

FADEMGA Plena inclusión Galicia ven de celebrar o pasado sábado a súa Asemblea Xeral de socios, onde quedou aprobada a constitución da patronal galega da discapacidade intelectual: un proxecto longamente perseguido pola Federación que agora verá a luz, e cuxo fin será a representación e defensa dos dereitos e intereses das entidades que traballan na atención ás persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias.

FADEMGA Plena inclusión Galicia pon en marcha o concurso fotográfico “A ledicia en cada recuncho” co fin de poñer en valor as cousas positivas que nos deixou este ano, máis aló da problemática sanitaria que estamos a vivir.

As 12 fotografías seleccionadas serán as que acompañen o calendario 2021 da Federación. O concurso está aberto a tódalas persoas con discapacidade intelectual -sexan ou non dunha entidade federada-, co apoio dunha persoa (voluntario, familiar, profesional...)

Do 24 ao 26 de setembro a Aldea do Mazo, en Lugo, acollerá un encontro entre mulleres con discapacidade intelectual, a través do cal a Federación pretende promover novos vínculos e alianzas entre mulleres, nun ambiente formativo e lúdico. O escenario tampouco é casual: unha contorna natural coa que queremos reivindicar a necesidade de visualizar ás mulleres do rural. 

O encontro contará cunha mesa redonda sobre as mulleres con discapacidade intelectual no ámbito rural, obradoiros de expresión corporal e artística e novos retos que están por vir.

Seguimos a ampliar a nosa oferta formativa en liña de cara aos vindeiros meses coa incorporación de dous novos cursos centrados na dinamización e na mellora das informacións en lectura fácil. 

Do 15 de outubro ó 2 de decembro, ímos poñer en marcha unha nova edción do curso de "Formador de formadores" en modalidade online e cunha duración de 70 horas.

Varias mulleres con discapacidade intelectual están a rodar estos días a nova curtametraxe de FADEMGA Plena inclusión Galicia “Lilith”, a través da cal a Federación pretende concienciar sobre as diferentes situacións do colectivo na nosa sociedade.

A curtametraxe, dirixida por Rafael Ramón Herrera, estará composta por unha antoloxía de relatos que abordarán dende unha perspectiva poética as dificultades, intolerancia e o sufrimento destas mulleres Centrado no implícito por enriba do explícito, trataranse temas como a maternidade, a sexualidade, a culpa, a desconsideración, a infantilización ou o descoñecemento social que hai da discapacidade intelectual.

Despois da boa acollida do curso de "Apoio condutual positivo" que realizabamos nos meses de maio e xuño, chega unha 2ª edición online desta formación, que nesta ocasión realizarase ente o 19 de outubro e o 30 de novembro de 2020.

O prazo para inscrivirvos permanecerá aberto ata o 31 de xullo de 2020

Apúntate para gravar unha curtametraxe.

Buscamos mulleres con discapacidade intelectual

para participar como actrices nunha curtametraxe.

Contaremos coa profesional Lara Arribas, coach especializada en discapacidade intelectual.

O programa, previsto inicialmente para os meses de maio e abril, retoma as súas actividades presenciais en Santiago, Lugo, Ourense e Vigo.

Como cambiou a vida das persoas con discapacidade intelectual e as súas familias co coronavirus?

E a súa educación?

Usan a tecnoloxía?

Que pasa coas que viven nas residencias?

Que ocorreu co seu emprego? Teletraballan?

Cal é a situación das mulleres con discapacidade?

E das persoas con discapacidade intelectual que están no cárcere?...

Xa podes descargar novos materiais

sobre as eleccións en Galicia.

 

Lembra que hai eleccións

o vindeiro domingo 12 de xullo.

 

Os materiais están en lectura fácil e galego.

Estes son os materiais:

  - Guía sobre as eleccións galegas.

  - Como votar no local electoral.

  - Como votar por correo.

  - Normas para votar e evitar o coronavirus.

 

 

En vista da nova situación que nos toca vivir, dende FADEMGA Plena inclusión Galicia queremos ofrecervos unha nova forma de conectar con outras familias de persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, e.... que mellor que facelo tomando un café??

QUE OFRECEMOS

Dúas modalidades de café: cafés informais e cafés con experto.

- Cafés informais: un anfitrión moderará e dinamizará a actividade, promovendo a participación dos asistentes.

- Cafés con experto: un experto presentará unha temática e contestará as dúbidas e preguntas dos asistentes. 

DURACIÓN E HORARIO

- Cafés informais: entre 1 hora e 1 hora e media de duración.

- Cafés con experto: entre 1,5 e 2 horas.

O vindeiro xoves 18 de xuño, organizaremos unha sesión formativa online onde daremos unha serie de ferramentas esenciais para afrontar a volta á nova normalidade.

Contaremos para elo coa profesional Angels Ponce, terapeuta familiar e instructora en mindfulness, quen nos dará algunhas claves para adaptarnos a esta nova situación, e, por suposto, poderemos facer tódalas preguntas e comentarios que precisemos, pois trátase de que sexa unha sesión o máis participativa posible. 

O vindeiro venres 17 de xuño, ás 12 horas, participaremos no Seminario sobre o emprego público das persoas con discapacidade intelectual, onde falaremos sobre as necesidades de apoio das persoas con discapacidade intelectual nos procesos selectivos, emprego público nas zonas rurais e cidades, e ademais, presentarase en formato de debate un novo documento de Plena inclusión España.

Dende o programa de mulleres con discapacidade intelectual de FADEMGA Plena inclusión Galicia estamos a poñer en marcha diferentes grupos de mulleres, onde falaremos de diferentes temas que preocupan as mulleres na actualidade. 

Para participar nestes grupos tes que mandarnos unha ficha de inscrición cos teus datos e o teu certificado de discapacidade ao correo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

O último día para mandar a ficha é o día 12 de xuño.

 
 
*NOVIDADE: QUENDAS DE RESPIRO FAMILIAR DURANTE O VERÁN DE 2020
 
Publicamos as novas estancias do servizo de respiro para este verán, xunto co novo protocolo e pautas para participar.
O prazo para solicitar a primeira estancia será ata o día 10 de xuño, e para a segunda ata o 14 de xuño. A partir de ahí serán os prazos habituais.
 
Descarga aquí as:

 

FADEMGA Plena inclusión Galicia é a Federación Galega de Asociacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento. Na actualidade contamos con 40 entidades galegas federadas que prestan servizo a 6.384 persoas con discapacidade intelectual (4.425 das entidades federadas + 1.959 de Bolsa propia).

Durante esta crise do COVID-19, as nosas entidades están a precisar de equipos de protección e prevención da pandemia, como máscaras cirúrxicas, luvas ou xel hidroalcohólico, e tamén debemos afrontar as adaptacións necesarias para facer fronte ás novas fases decretadas polo Goberno, como colocación de biombos, sinaléctica e información accesible, etc

FADEMGA Plena inclusión celebra o Día Internacional das Familias lanzando dúas convocatorias especialmente dirixidas a elas: “Tómate un respiro” e “Ferramentas para afrontar a volta”.

A través da convocatoria “Tómate un respiro” poñeremos en marcha sesións online de apoio para familiares de persoas con discapacidade intelectual. Son sesións para que as familias se sintan mellor e teñan menos estrés e ansiedade por toda a situación que estamos vivindo.

O presidente da Asociación de Comerciantes e Hosteleiros Zona Náutico de Vigo, Rubén Pérez e o Presidente de FADEMGA Plena inclusión Galicia, Eladio Fernández, veñen de asinar un Convenio destinado á formación prelaboral de persoas con discapacidade intelectual en empresas asociadas á Zona Náutico.

Trátase de promover o emprego de persoas con discapacidade intelectual que actualmente son beneficiarias das diferentes acción de apoio á formación e á inclusión laboral que ven realizando a Federación na provincia de Pontevedra.

Posto: PREPARADOR/A LABORAL – FORMADOR/A

Nº de Postos: 1

Empresa: FADEMGA Plena inclusión Galicia

Localidade: R/ Oliva 12, Vigo

Titulación: FP en Integración Social ou Titulado de grao medio, nas especialidades de Educación Social, Traballo Social, Maxisterio en Educación Especial, ou outras titulacións da rama social.

Valórase: Formación e coñecementos profesionais no sector da discapacidade intelectual e na área social, así como en formación e inserción laboral. Imprescindible carné de conducir e dispoñibilidade de coche.

Requisitos: Persoa desempregada inscrita como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia e empadroada no Concello de Vigo antes do 01 de xaneiro de 2019.

Contacto: Enviar cv ata o 31 de maio a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. Indicar no asunto “OFERTA DE PREPARADOR/A LABORAL- FORMADOR/A”. É imprescindible achegar copia dixitalizada da tarxeta de demandante de emprego e do volante de empadroamento.

Co obxectivo de visibilizar o talento das persoas con discapacidade intelectual e de promover a cultura e a elaboración de información accesible, FADEMGA Plena inclusión Galicia convoca a segunda edición do concurso de relato curto. 

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia coa colaboración de Special Olympics Galicia, continuamos a traballar dando apoio a tódalas nosas entidades, persoas con discapacidade intelectual e familias durante a crise do COVID-19.

Con este fin a nosa bolsa de voluntariado continúa a crecer con novas alternativas que podan dar resposta ás recentes necesidades que están a xurdir derivadas desta situación excepcional.

Na situación de crise xerada polo COVID-19, sabemos que moitas persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento con dificultades na regulación da súa conduta van a ter momentos de desregulación. Pensando nestas situacións poñemos en marcha unha rede de asesoramento psicolóxico, de maneira telemática.

Os días de corentena poden facerse interminables, pois a as actividades novidosas que podemos facer, vanse reducindo.

Por elo, co obxectivo de axudarvos a facer un pouquiño máis amenos estos días que temos que pasar na casa, achegámosvos o primeiro volume da guía "Ideas para facer na casa mentres dure a corentena"

Nel atoparedes diferentes actividades de todo tipo: dende lecturas, cine e teatro ata formación, visitas online a museos e incluso turismo dixital!

Podedes descargalo neste enlace:

Volume 1. Descárgao aquí.

Volume 2. Descárgao aquí.

Volume 3. Descárgao aquí.

Volume 4. Descárgao aquí

Volume 5. Descárgao aquí

Volume 6. Descárgao aquí

Volume 7. Descárgao aquí

Volume 8. Descárgao aqui

Volume 9. Descárgao aquí

Volume 10. Descárgao aquí

Volume 11. Descárgao aquí

Volume 12. Descárgao aquí

Volume 13. Descárgao aquí

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia coa colaboración de Special Olympics Galicia, continuamos a traballar dando apoio a tódalas nosas entidades, persoas con discapacidade intelectual e familias durante a crise do COVID-19. Con este fin a nosa bolsa de voluntariado continúa a crecer con novas alternativas que podan dar resposta ás recentes necesidades que están a xurdir derivadas desta situación excepcional.

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia, e a través do Programa 0,7% IRPF Estatal, abrimos a convocatoria para as seguintes accións formativas:

FADEMGA Plena inclusión Galicia pon ao sevizo daquelas familias que o precisen un servizo de apoios puntuais a través do que ofrecemos diferentes soportes tales como apoio nas tarefas de compra, saídas terapéuticas e mesmo atención no propio fogar. 

Na seguinte documentación que achegamos podes descargar a información sobre como solicitar este novo servizo e a ficha de solicitude. 

INFORMACIÓN SOBRE O SERVIZO

FICHA DE SOLICITUDE

FADEMGA Plena inclusión Galicia pon ao sevizo daquelas familias que o precisen un servizo de apoios puntuais a través do que ofrecemos diferentes soportes tales como apoio nas tarefas de compra, saídas terapéuticas e mesmo atención no propio fogar. 

Na seguinte documentación que achegamos podes descargar a información sobre como solicitar este novo servizo e a ficha de solicitude. 

INFORMACIÓN SOBRE O SERVIZO

FICHA DE SOLICITUDE

Plena inclusión España celebrou unha nova conversa en liña sobre un tema de gran interese vinculado á crise xerada polo confinamento e a crise sanitaria do COVID19 ao que asistiron máis de 800 persoas.

Este ‘venres de dores’, no calendario pascual católico, falouse sobre o duelo ‘Acompañamento fronte ao duelo’, grazas á participación de expertas do Centro San Camilo, o proxecto Intecum (Fundación San Cebrián de Plena inclusión CyL) e da Fundación Gil Gayarre (Plena Inclusión Madrid). Neste último caso, contouse co testemuño de Esther Arévalo, irmá de Ana (unha muller con discapacidade intelectual).

 

Plena inclusión, como outras organizacións que traballan con persoas con discapacidade, leva días levantando a voz para denunciar un feito incívico e intolerante inhumano: berros e insultos a persoas con ​discapacidade e especiais dificultades para soportar a situación de confinamento que saen das súas casas, acompañadas, para dar breves paseos terapéuticos. Como estes feitos execrables non deixaron de producirse, decidiu dar un paso máis e denuncialo ante o Defensor do Pobo.

Despois do anuncio feito esta fin de semana polo presidente do Goberno sobre o endurecemento das medidas de confinamento asociadas ao estado de alarma, tanto a Federación FADEMGA Plena inclusión Galicia como as entidades federadas continuamos prestando atención ás persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias dado que se trata dun servizo considerando como esencial no apartado 9 do anexo da Real Decreto-lei 10/2020, do 29 de marzo.

Tódalas entidades con servizo de vivendas e residencias continúan traballando a pleno rendemento a pesar das situacións de dificultade que afrontan como a falta de material, e tanto o resto de entidades como a propia Federación tamén continuamos prestando os apoios e servizos máis esenciais para o colectivo (cambiando a modalidade de prestación de servizos dada a limitación de actividades).

Dende FADEMGA Plena inclusión Galicia queremos comunicarvos que seguimos traballando co fin de informar, axudar e prestar tódolo apoio que nestes momentos tanto as entidades federadas como as familias necesitades, e con este fin estamos a adaptar os nosos servizos ás circunstancias extraordinarias que vivimos.

Tódolo noso persoal continúa traballando en horario de 8 a 15:00 horas, e os nosos teléfonos de contacto tanto da sede, como das oficinas de emprego que temos nas 4 provincias seguen estando operativos para atender as vosas consultas, así como os correos electrónicos de tódalas áreas.

Igualmente, o noso servizo de asesoría xurídica de familias segue operativo por vía telefónica, (por se fose necesario resolver algunha consulta urxente) e a asesoría xurídica Taibo e Paz segue a disposición dos socios para as dúbidas que poidades ter e que necesiten ser resoltas con urxencia.

O procedemento para elo seguirá os cauces habituais: enviades a consulta a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. e nos remitirémoslla á asesoría.

FORZA E MOITO ÁNIMO!

Como consecuencia da alerta sanitaria, comunicámosvos o cese daquelas actividades de carácter presencial, dende hoxe ata o vindeiro 30 de marzo.

Dende a Federación continuaremos á vosa disposición durante estes 14 días, a través de vía telefónica, correo electrónico e por suposto, a través das nosas redes.

A continuación ofrecemos o listado completo das actividades afectadas: 

Poñemos en marcha a inscrición apra un novo curso sobre "Asistente persoal" que se celebrará do 13 de abril ó 15 de xuño.

O prazo para realizar a inscrición é o 31 de marzo

 

Unha infografía é un documento que explica un tema con imaxes. 

Santiago de Compostela acolle a inauguración desta exposición sobre mulleres con discapacidade intelectual empoderadas

 A federación consolida a súa aposta pola accesibilidade e pola formación dos profesionais na elaboración deste tipo de materiais