Máis Novas

Listen to this page using ReadSpeaker

Despois do Encontro Estatal de irmáns que vivimos o pasado ano, retomamos a programación habitual de actividades para celebrar unha nova convivencia formativa, que nesta ocasión estará centrada en ofrecer un espazo onde irmáns e cuñados/as de persoas con discapacidade intelectual e do desenvovlemento podan expresar libremente as súas emocións e sentimientos.

O encontro celebrarase o vindeiro 29 de xullo na Hospedería de San Martín Pinario e contaremos para a súa dinamización con Jesús Merino, “mestre socrático” e experto en psicoloxía da Gestalt Jesús Merino.

Descarga aquí o PROGRAMA e información do encontro e anímate a participar cubrindo a ficha de preinscrición!

O prazo de inscrición estará aberto ata o 14 de xullo

:: CHARLAS DE DINAMIZACIÓN A FAMILIAS

Por outra banda, tamén temos nova convocatoria para participar nas charlas de dinamización a familias, sesións de hora e media de duración dispoñibles durante todo o ano.

A través destas charlas abórdanse temas de especial preocupación no movemento asociativo, como por exemplo a benvida que damos ás novas familias nas entidades, a creación de espazos de participación ou o enfoque centrado na familia.

Se queres máis información sobre estas charlas PREME NESTA LIGAZÓN. E se xa tes claro que queres participar… mándanos a túa solicitude!